Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Artes Plásticas

Os oleiros de Buño no Feal

Oleiros de Buño no FealFai clic para ver máis fotos

15/05/2018

Hoxe tivemos a visita de tres simpáticos oleiros de Buño. Segundo as súas palabras, o oficio está desaparecendo por falta de aprendices, pero o noso alumnado coa materia de Plástica en 3º e 4º de ESO, ademáis do de 4º de Primaria, estivo encantado practicando esta mañá co barro.

Curtas deste curso en Educación Plástica e Visual de 4º de ESO

25/05/2016

Aquí temos os proxectos audiovisuais dos alumnos e alumnas de 4º de ESO con Educación Plástica e Visual. Este ano fixeron unha animación usando a técnica de Stop Motion, aínda que houbo quen se aventurou na animación por ordenador. Moi contenta cos resultados, felicito a todos os rapaces e rapazas polo seu esforzo e entusiasmo. A seguir así!

Sonia Álvarez

Departamento de Plástica

Nota: o primeiro dos traballos recollidos nesta recompilación (O verme viaxeiro de Alicia Santos e Joanna Vaamonde), levara o primeiro premio audiovisual en Intercentros 2016 con outra canción na banda sonora: Hello de Adele. Por problemas de copyright, YouTube silenciaba o vídeo orixinal, polo que esta canción foi substituída por Uncover de Zara Larsson... agora está bloqueado totalmente en 213 países... pero España non está entre eles Sorriso

Soños no Bambán de Amorodo

14/01/2016

Desde o Departamento de Plástica, achegamos algúns dos proxectos audiovisuais feitos polo alumnado de 4º ESO do curso pasado, para animar aos nosos rapaces e rapazas que están facendo novos traballos durante este trimestre.

Aproveitamos para mandarlles recordos aos que participaron neles, e desexámoslles o mellor na súa nova andaina noutros centros e con outros profesores. Sabedes que sempre teredes un oco no Feal!

  • Participantes en "Strawberry Swing" (inspirado no vídeo-clip de Coldplay do mesmo título): Silvia Felpete, Andrea Ramos, Antón Martín, Alberto Casteleiro e Sonia Álvarez.
  • Participantes en "Soños" (non perdades o momento "Star Wars"): Aldara Castro, Adrián Castro, Belén Seoane, Alexia Iglesias, Carla Santalla e Sonia Álvarez.

As noticias do Feal en 2006

 

22/10/2010

Seguimos rescatando material do pasado do Feal grazas a María Lanza. Trátase de novo dunha actividade do Consorcio Audiovisual de Galicia, que no ano 2006 organizou obradoiros de televisión. O alumnado que nese momento estaba en 4º de ESO con María na optativa de Plástica, fixo a montaxe que subimos recentemente a YouTube (con lixeiros retoques). No vídeo poderás ver antigos alumn@s, unha ex-directora, un profesor xa retirado...

Esperamos que este material anime a realizar iniciativas similares durante o presente curso... e tamén esperamos non ferir sensibilidades coas imaxes teatrais de tabaquismo!

Obradoiro de animación con plastilina en 2005

 

22/10/2010

No ano 2005, o Consorcio Audiovisual de Galicia organizou unha actividade sobre unha técnica de animación chamada "Stop Motion" (facer moitas fotos a obxectos en diferentes posicións para que parezan ter movemento). Esta actividade pasou polas clases de Plástica de 4º de ESO do Feal, estando María Lanza de profesora. O Consorcio fixo unha montaxe coas aportacións dos diferentes centros participantes na experiencia, que inclúe os bonecos do Feal (os da foto de abaixo). Recentemente, rescatamos o material grazas a María e o subimos a YouTube; esperamos que vos guste. Nestes momentos, está emitíndose pola televisión pública española unha popular serie infantil británica que utiliza esta técnica con moito encanto: Pat O Carteiro.

Os bonecos do Feal

Os bonecos do Feal

P.D.

Grazas a un dos recursos que hai en Internet para identificar melodías (www.watzatsong.com), xa podemos aclarar que:

Unha profesora do Feal recibe un premio á innovación educativa

Sonia

27/01/2010

Aínda que informamos cun pouco de retraso, non podemos deixar de comunicar que a nosa profesora de Plástica Sonia Álvarez recibiu un dos premios á innovación educativa que concedeu a Consellería de Educación nos últimos días de 2009. En concreto, foi un traballo pensado para ser empregado na Sección Bilingue titulado "Elementos de linguaxe visual". Sonia está elaborando agora novos materiais no mesmo terreo, que proximamente se colgarán na Aula Virtual do noso centro. Parabéns Sonia!

A crise vista dende O Feal

Desirée, Rebeca, Tania e Anaís
Fai clic para ver o vídeo
(se tes problemas, descarga o arquivo co botón dereito do rato)

21/05/2009

Despois de que o alumnado de 4º de ESO aprendera a editar vídeos na materia de Informática, formáronse grupos para facer pequenos traballos na materia de Educación Plástica e Visual. Presentamos aquí o traballo máis aventureiro, que foi realizado polas alumnas que aparecen na foto: Desirée, Rebeca, Tania e Anaís.

Queremos máis reportaxes deste estilo para a nosa web!!

Graffiti con 1º da ESO

Carmen Mirabal, 17/12/2008 

O luns día 15, tivemos a sorte de ter un obradoiro de graffiti con Anxo Fariña Temprano. Este coñecido ilustrador vigués, que fixo Belas Artes en Pontevedra ensinounos a traballar coas imaxes e as letras, convertendo palabras en imaxes.

Pintamos con sprays de cores, en grandes follas postas na parede, e se queredes podedes ver as nosas obras no patio cuberto.

Graffiti

Sorteo da cesta de Nadal

16/12/2008 

No sorteo da cesta de nadal para a viaxe do alumnado da sección bilingüe a Londres o número agraciado foi o 432.

A gañadora foi Marina Fraguela e o alumno Ismael Ares, o neno de San Ildefonso-Feal que lle vendeu a papeleta.

Noraboa e a disfrutar.

Pavo

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido