Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Obradoiro de animación con plastilina en 2005

 

22/10/2010

No ano 2005, o Consorcio Audiovisual de Galicia organizou unha actividade sobre unha técnica de animación chamada "Stop Motion" (facer moitas fotos a obxectos en diferentes posicións para que parezan ter movemento). Esta actividade pasou polas clases de Plástica de 4º de ESO do Feal, estando María Lanza de profesora. O Consorcio fixo unha montaxe coas aportacións dos diferentes centros participantes na experiencia, que inclúe os bonecos do Feal (os da foto de abaixo). Recentemente, rescatamos o material grazas a María e o subimos a YouTube; esperamos que vos guste. Nestes momentos, está emitíndose pola televisión pública española unha popular serie infantil británica que utiliza esta técnica con moito encanto: Pat O Carteiro.

Os bonecos do Feal

Os bonecos do Feal

P.D.

Grazas a un dos recursos que hai en Internet para identificar melodías (www.watzatsong.com), xa podemos aclarar que:

Sorprendente!!

Encantoume este video con muñecos de plastilina. Que creativo e "animado"!! Moitas grazas a Ángel e María Lanza por recuperar estes documentos. Mar

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com