Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Inglés

Campamentos de verán en inglés 2018

Campamentos de verán en inglés 2018Fai clic para ampliar a foto

24/06/2018

Parabéns aos nosos alumnos e alumnas de 1º de ESO Bruno, Hugo, Nuria, Xela, Irene, Laura, Tania, Noa, Ariel e Anxo, que foron seleccionados para participar nos campamentos de verán en inglés organizados pola Consellería de Educación. Aproveitade esta oportunidade e xa nos contaredes á volta!!

Frankenstein Files

Frankenstein FilesFai clic para ver máis fotos

22/04/2018

O pasado venres 20 de abril, o alumnado de 3º e 4º de ESO, acompañado das profesoras Gelu Porto, Pilar Sánchez, Laura González e Eva Mesejo, asistiu a unha representación teatral en inglés (Frankenstein Files), no auditorio municipal de Narón.

A obra foi moi divertida e orixinal. Os actores amosaron moita complicidade co público, e incluso alumnas nosas saíron ao escenario a mostrar as súas dotes dramáticas. Noraboa a Alba Fachal e Lydia Bereijo!!!

Moitas grazas tamén ao Concello de Narón pola súa colaboración no desenvolvemento da actividade.

Frankenstein Files

A nosa auxiliar de conversación en inglés en La Voz de Galicia

Laura e Eli

16/04/2018

Laura González Ladicani, que é a auxiliar de conversación en inglés que temos este curso no Feal, apareceu en La Voz de Galicia do 15/04/2018 (xunto con outra compañeira que traballa noutro centro). Sen dúbida, a súa axuda fai que o noso alumnado teña unha educación máis completa.

Inmersión lingüística en Estados Unidos e Canadá

New York

09/10/2015

Pensando no noso alumnado de 4º de ESO, informamos do Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega, para unha inmersión lingüística en Estados Unidos e Canadá en 1º de Bacharelato (durante o curso 2016/17). O prazo de entrega de solicitudes remata o próximo 12 de novembro ás 13:00.

My mother's French Toast

Click to see more pictures

11/02/2015

Last week, we cooked French Toast. It is a popular breakfast dish in the United States and Canada. Our teacher, Amaya, helped us and the result was… yummy! And all the ingredients are natural and easy to find! If you want to learn the recipe, click here.

Despedida de Erica

Despedida de Erica

30/05/2013

Hoxe tivemos que despedirnos da auxiliar de conversa coa que contamos este curso, Erica Clark. Non reunimos nunha foto todos os grupos cos que traballou, porque foron case todos, pero deixamos aquí unha imaxe da pequena festa que se fixo na aula de Idiomas de Secundaria con 3º A, 3º B e 4º C.

Temos claro que Erica estivo moi contenta no Feal e nós tamén a botaremos de menos. Sorte, Erica!

Actividades de formación en lingua inglesa durante o verán de 2013

Illas Cíes

Illas Cíes (Vigo)

23/03/2013

Se estás na ESO e queres pasar dúas semanas deste verán aprendendo inglés e divertíndote con compañeiros de toda Galicia, pásate por Secretaría o antes posible, porque o prazo remata o 22 de abril. Este ano, as actividades de formación para a 1º e 2 de ESO son en A Coruña, e as de 3º e 4º en Vigo. Tes toda a información en:

https://www.edu.xunta.es/axudasle

 

Riazor

Riazor (A Coruña)

Visita de Luke Roberts

Luke Roberts

21/02/2013

Esta semana recibimos a visita de Luke Roberts, da editorial Burlington, que fixo unha sesión moi interesante de UK Culture para 3º e 4º de ESO.

Os alumnos divertíronse, aprenderon, pasaron moitos nervios co xogo de Who Wants to Be a Millionaire e ademais gañaron algún que outro premio. Wow!

Teatro en inglés

Drácula

Drácula

04/05/2010

Aquí tedes unhas fotos da representación da obra de teatro en inglés “Dracula”, que tivo lugar o pasado venres no Pazo da Cultura de Narón. Parte desta actividade foi subvencionada polo Concello de Narón, ao que o Departamento de Inglés quere agradecer a súa colaboración, e que nos coidasen tan ben ofrecéndonos o Pazo da Cultura para a representación.

Tamén vos deixamos unha foto das alumnas de 4º de ESO, cun dos actores da obra, que facía o papel de Jonathan Harker e que xa ten club de fans antes de aparecer na serie “Gavilanes”!!

Drácula
Podes ver as fotos ampliadas na nosa Galería

Razóns para aprender inglés

04/05/2010

A profesora de inglés Pilar Polo, que fixo unha substitución recentemente no Feal, acaba de enviarnos unha montaxe que fixo con xente moi coñecida de diversas ideoloxías que non domina o inglés. A lista inclúe ao mesmísimo Francisco Franco (aproveitamos que Merchi está de permiso para que non lle dea un subidón de tensión); que non se diga que esta web non é plural. Algúns dos fragmentos non teñen bo son, pero en xeral enténdese bastante ben. Grazas Pilar!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido