Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de anuncios

Listas provisionais de comedor

10/07/2024

A partir do xoves 11 de xullo, poderedes consultar as listaxes de comedor de admitidos e de espera, no taboeiro de anuncios do centro.

O prazo de alegacións comeza o venres 12  e remata o xoves 18 de xullo.

Libros de texto 2024/2025

01/07/2024

Libros de texto e material didáctico impreso para o vindeiro curso:

Calendario de formalización de matrícula - Curso 2024/2025

12/06/2024

Curso Data Horario
EI (Nova admisión) Do 20 ao 30 de xuño 09:30 - 13:00 h
1º EP (Nova admisión)

5º EP (Nova admisión)
Do 25 ao 28 de xuño 09:00 - 13:00 h
1º ESO 1 de xullo 09:00 - 13:00 h
2º ESO 2 de xullo 09:00 - 13:00 h
3º ESO 3 de xullo 09:00 - 13:00 h
4º ESO  4 de xullo  09:00 - 13:00 h

 

  • No caso de irmás/ irmáns que se matriculen en distintos cursos da ESO, poderán formalizar a matrícula o mesmo día.
  • O día 5 de xullo poderán formalizar matrícula os que nos días anteriores non puideran facelo.

Solicitudes para o comedor escolar

18/06/2024

Dende o mércores 19 de xuño ao luns 1 de xullo, está aberto o prazo para a solicitude do comedor escolar para o vindeiro curso. As solicitudes pódense presentar na secretaría do centro (excepto o venres 21, para evitar aglomeracións con matrículas de alumnado novo no centro), ou a través do correo electrónico (cpi.feal@edu.xunta.gal) nos casos nos que non poidades desprazarvos ao centro.

Este curso, nas instrucións publicadas pola Consellería, hai un cambio no punto 1 das condicións a alegar, quedando redactado:

1. Alumnado usuario habitual do servizo de comedor no curso anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo que foi admitido.

Por usuario habitual, enténdese aquel usuario ou usuaria que fixese uso continuado e repetido en días fixos a totalidade de semanas do curso.

Descargar impreso

Fondo libros e axudas de material

22/05/2024

Dende hoxe e ata o día 21 de xuño, podedes solicitar as axudas para libros de texto de 1º e 2º de E. Primaria, o fondo libros de 3º e 4º de E. Primaria e as axudas para compra de material dende 1º de E. Pirmaria a 4º da ESO.

As solicitudes as podedes facer presencialmente no centro cubrindo os ANEXOS I e II e presentado a documentación necesaria, ou ven pola sede electrónica. No seguinte enlace tedes toda a información. https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Alumnado admitido do CRA de Narón no proceso de reserva de praza

20/02/2024

Todo o alumnado que solicitou praza de reserva dende o CRA de Narón, está admitido para o vindeiro curso.

Pódese consultar a lista no taboleiro de anuncios do centro, ou a través da aplicacion de admisión.

Admisión de alumnado curso 2024-2025

15/01/2024

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZAS PARA CENTROS ADSCRITOS (para o alumnado do noso centro de 4º de ESO que queira matricularse no vindeiro curso no IES As Telleiras, no seu Bacharelato):

  • Prazo: do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.
  • Lugar de presentación: secretaría do centro de orixe (CPI do Feal) ou aplicación de admisión con certificado dixital ou chave 365.

SOLICITUDES DE ADMISIÓN (para o alumnado que queira incorporarse no vindeiro curso ao noso centro):

  • Prazo: do 1 de marzo ao 20 de marzo.
  • Lugar de presentación: secretaria do CPI do Feal, ou aplicación de admisión con certificado dixital ou chave 365.

Prohibición do uso dos móbiles durante toda a xornada escolar

08/01/2024

Aínda que no noso centro xa se tomara esta medida anteriormente, a Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 4 de xaneiro cun protocolo que prohibe o uso dos móbiles durante toda a xornada escolar:

"Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos."

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido