Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de anuncios

Posto Educativo no Fogar / Programa Educa en Dixital Galicia (Cesión de equipos informáticos con conectividade a internet)

07/10/2021

O programa consiste na cesión (nos centros educativos) dun kit composto por un ordenador portátil con conectividade á rede para o alumnado en risco de fenda social tecnolóxica. O noso centro dispón de 26 kits.

Aquelas familias sen conexión a internet interesadas, poderán presentar a súa solicitude na secretaría do centro, dende o venres 8 de outubro ata o venres 22 do mesmo mes.

Os criterios a seguir para a cesión serán:

  1. Ser perceptor do cheque de material.
  2. Darase prioridade ao alumnado dos cursos máis altos.
  3. Nº de irmáns no centro.
  4. Nº de equipos dispoñibles na unidade familiar.

As familias receptoras dos equipamentos deberán:

  1. Asinar unha declaración xurada de non dispoñer conectividade por falta de medios.
  2. Devolver o kit ao centro, cando lle sexa requerido, por non facer un uso axeitado para o proceso educativo.
  3. Asinar un acordo de cesión no modelo oficial do programa.

Descargar

Información para as familias sobre EDIXGAL

06/10/2021

No seguinte enlace, tedes toda a información sobre EDIXGAL: equipos, contidos a traballar, posibilidade de asegurar o equipo, etc.

Folleto Edixgal

Listaxes definitivas das axudas de material e libros

14/07/2021

Podedes consultar a listaxe no taboleiro de anuncios do centro. Os vales poden recollerse en Secretaría desde o mércores 14 ata o mércores 21 (os de Secundaria en setembro).

Solicitude de comedor

30/06/2021

Dende o xoves 1 de xullo ata o martes 13 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas podedes pasar a solicitar o comedor para o vindeiro curso. Será obrigatorio cubrir a solicitude e o anexo ii.

No mesmo impreso, tamén e posible facer a solicitude para os almorzos. A intención da ANPA é retomalos o vindeiro curso, se a situación o permite.

Bo verán

23/06/2021

O equipo directivo do CPI do Feal, quere agradecer ao alumnado e as familias o comportamento exemplar neste curso tan díficil, pero que entre todos sacamos adiante.

Bo verán!

Publicación dos libros de texto para o curso 2021-2022

17/06/2021

Como novidade, o próximo curso haberá EDIXGAL (libro electrónico) en toda a ESO, ademais de en 5º e 6º de Primaria. Polo tanto, todo este alumnado recibirá en préstamo o equipamento necesario.

 

Devolución do equipamento EDIXGAL

16/06/2021

Aquel alumnado que o vindeiro curso abandone o centro e este curso tivo equipamento EDIXGAL, deberá devolvelo no centro antes do 25 de xuño.

O alumnado que permanece no centro podera quedar nas vacacións co equipamento, facéndose responsable da súa conservación e bo uso.

Fondo libros e axudas para adquisición de material escolar

20/05/2021

Dende mañá, 21 de maio e ata o vindeiro 22 de xuño incluído, pódense presentar as solicitudes de cara ao vindeiro curso do Fondo solidario de libros de texto, e das axudas para compra de material escolar.

  • Lembrar que haberá fondo solidario dende 1º a 4º de E. Primaria, xa que de 5º de E. Primaria ata 4º de ESO, seremos Edixgal (libro electrónico).
  • A axuda para material será dende 1º de E.Primaria ata 4º de ESO.
  • As solicitudes poden entregarse na secretaría do centro de luns a venres de 10:00 a 13:00, e os luns en horario de tarde de 16:40 a 17:40.
  • Tamén podedes tramitalas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Información publicada no DOGA
  • Impreso de solicitude

Publicadas as listaxes do proceso de admisión para novo alumnado

13/05/2021

Xa se poden consultar as listaxes definitivas de admitidos/as para o vindeiro curso. Podedes facelo a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ (empregando certificado dixital ou a chave 365), ou ben no taboleiro do centro.

Formación no uso axeitado das novas tecnoloxías na idade escolar

08/04/2021

Dende o Departamento de Orientación, detectouse un uso inadecuado de medios dixitais (teléfonos, ordenadores, consolas etc). Outros centros educativos, en concreto os nosos adscritos (CRA de Narón, CEIP Ponte Xuvia e CEIP de Piñeiros), detectaron igualmente estes problemas.

Do problema detectado, xurde unha inciativa conxunta dos catro centros educativos, dirixida a familias e alumnado: a organización dunha formación online conxunta.

A formación irá dirixida ao alumnado dende 3º de E. Primaria ata 4º da ESO, e as súas familias.

O alumnado recibirá a formación en horario lectivo, mentres que as familias estades invitadas a unha formación específica, que terá lugar o luns 12 de abril ás 16:30 horas.

Dende o centro, se enviará por AbalarMóbil o enlace á formación online. O único que teredes que facer para establecer conexión, será copiar o enlace que recibiredes, e pegalo no navegador do dispositivo que empreguedes.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido