Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

6º de Primaria

6º C recolle un premio polo seu podcast en Compostela

Museo do Pobo GalegoFai clic para ampliar a foto

07/06/2019

O pasado 4 de xuño, o alumnado de 6º C foi ao Museo do Pobo Galego en Compostela, para recoller o premio pola participación no I Concurso de Podcasts "Radio na biblio". Participaron arredor de 40 centros, e o CPI do Feal quedou entre os dez primeiros, recibindo unha escultura feita pola escola Mestre Mateo e un lote de libros.

Museo do Pobo GalegoFai clic para ampliar a foto

Visita da escritora Paula Carballeira

Paula Carballeira

30/05/2019

O pasado luns 27 de maio, o alumnado de 6º de Primaria recibiu a visita da escritora Paula Carballeira para falar do seu libro "Bruxa e familia", que leran nas súas aulas.

Concurso de relatos "Cóntanos un conto do Pobo Xitano"

Conto do Pobo Xitano

10/05/2018

Cinco alumnos/as de 6º B de Primaria (Yeray González Rodríguez, Iara Leal Cendán, Xin Yue Liu, Nora Luaces Mesías e Candela López Pazos) participaron no Concurso de relatos curtos "Cóntanos un conto do Pobo Xitano", que se celebrou o pasado 3 de maio na Biblioteca Municipal de Narón.

Nora escribiu e presentou un relato titulado "Sen diferenzas", co que gañou o 3º premio (un xogo),  e ademais déronlle un diploma a ela e aos compañeiros/as. Grazas por participar!!!

Parabéns, Nora!!!

Visitas de 6º de Primaria ao Concello de Narón

Concello de NarónFai clic para ampliar a foto

10/05/2018

O martes 17 de abril (6º A), o venres 27 do mesmo mes (6º B) e o martes 8 de maio (6º C), os alumnos/as de 6º de Educación Primaria foron de visita ao Concello de Narón.

Estiveron no Arquivo Municipal, no Salón de Plenos e no departamento da Policía Municipal. A alcaldesa, moi amable, contestou a todas as dúbidas dos nenos/as sobre o funcionamento do Concello. Moitas grazas ao Concello de Narón pola súa colaboración no desenvolvemento da visita.

Santiago de Compostela 2016

Parlamento galego 2016

Fai clic para ampliar a foto

18/03/2016

O pasado martes 15 de marzo, @s alum@s de 6º visitaron a cidade de Santiago de Compostela acompañados polos seus titores. Comezaron o percorrido polo Museo do Pobo Galego, no que visitaron o Panteón de Galegos Ilustres, onde están soterrados galegos tan importantes como Rosalía de Castro ou Castelao. A continuación, visitaron o Parlamento Galego, onde despois de coñecer as instalacións, asistiron a un pleno no que se estaba a falar de educación. Despois de comer ao aire libre, e gozar do soleado día santiagués, foron ao estupendo Museo de Historia Natural, de onde saíron encantados, para regresar a casa sobre as sete da tarde.

Museo de Historia Natural de Santiago - 2016

Visita a Pedroso de 6º de Primaria

PedrosoFai clic para ampliar a foto

14/10/2015

Esta mañá, o noso alumnado de 6º de Primaria (acompañado por Ana Belén Martínez e José Manuel Timiraos) visitou o muíño de Pedroso para realizar diversas actividades organizadas polo Concello de Narón: orientación, conservas e elaboración de marmeladas.

Excursión a Santiago de 6º de Primaria

"Esto será valioso para la prosperidad"

06/05/2015

O pasado 28 de abril, o alumnado de 6º de Primaria acompañado polos seus titores Isabel Derungs e Nacho Rodríguez, achegáronse a Santiago de Compostela para visitar o Pazo de Fonseca, a Facultade de Xeografía e Historia, o Parlamento de Galicia e a Cidade da Cultura. Ademais das fotos subidas á nosa galería, podedes ver un micro-vídeo do momento máis lúdico da xornada (non perdades a segunda metade).

Santiago 2015Fai clic para ver máis fotos

Visita de 6º de Primaria ao Concello

Concello 2014

28/03/2014

Recentemente, o noso alumnado de 6º de Primaria visitou o Concello de Narón, e tivo a oportunidade de falar co noso alcalde Xosé Manuel Blanco.

La Voz, 28/03/2014

Esfolla 2013

Esfolla 2013

13/11/2013

Nova presentación de José Manuel Timiraos: nesta ocasión sobre as actividades sobre a Esfolla en 6º de Primaria.

Excursión a Sotavento de 6º de Primaria

Sotavento 2013

21/10/2013

José Manuel Timiraos elaborou unha nova presentación. Neste caso, da visita que 6º de Primaria fixo (o pasado venres) ao Parque Eólico Experimental de Sotavento.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido