Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Casamento dos paxariños

Casamento dos paxariñosFai clic para ampliar a imaxe

03/02/2017

A partir da Candeloria "ningunha ave voa soa", di o refrán, para lembrar que no mes de febreiro comeza, na cultura popular, unha celebración ben especial xa que se CASAN OS PAXARIÑOS, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos prevén a próxima chegada da primavera.

Para festexar esta data, o pasado 2 de febreiro (na metade do ciclo de inverno) o alumnado de 6º de Infantil acendeu candeas, e preparou dúas casiñas con materiais de refugallo para os paxariños da contorna do Feal. Colgamos as casiñas e observamos que tamén hai niños naturais con algún que outro ocupante.

Casamento dos paxariñosFai clic para ampliar a imaxe

Calendario do Feal 2017 e postal de Nadal

Calendario do Feal 2017Fai clic para ver o calendario completo

29/12/2016

As protagonistas do noso calendario de 2017 son as festas populares galegas.

Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado da ESO:

Sara Paredes Bascoy
1º de ESO A Xaneiro
Santiago Paz Calvo
1º de ESO B Febreiro
Gabriela Fernández Maceiras
1º de ESO C Marzo
Alba Castro Pérez
2º de ESO A Abril
Álex Pazos Babío
2º de ESO B Maio
Alba Fachal Durán
3º de ESO A Xuño
Laura Corral Rodríguez
3º de ESO B Xullo
Alejandro Calvo Rey
4º de ESO A Agosto
Gabriel Pardo Buján
4º de ESO B Setembro
Jénifer Corral Calvo
Apoio Outubro
Carmela Varela Carballeira
2º de ESO B Novembro
Irene Más López
1º de ESO A Decembro

 Calendario 2017

Fe de erratas

Na versión impresa do calendario debería poñer:

"Álex Pazos Babío" e "Alba Fachal Durán".

 

Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:

Francisco Javier Pita González
Infantil - 5 anos (Freixeiro)
Berta Caneiro Albes 3º A de Primaria

 

Postal 2016 - Infantil

Postal 2016 - Primaria

Francisco Javier Pita González

Francisco Javier Pita González

 

Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).

Boas festas e feliz 2017!

 

Os apalpadores do Feal

18/12/2016

Achegamos un pequeno vídeo de Paula Neira, no que os nenos e nenas de 6º de Infantil relatan brevemente a orixe do Apalpador e recitan unha cantiga sobre o mesmo.

A mesma cantiga, aparece cantada neste outro vídeo alleo: https://youtu.be/j23sS21ziZc

Días de Magosto

21/11/2016

Desde esta web, temos que enviar unhas grazas especiais ás nosas profes de Infantil, porque todo o material que está nestes momentos na nosa páxina principal é obra delas.

O vídeo que abre este artigo foi realizado co alumnado de Infantil (do Feal e de Freixeiro) para conmemorar a Semana da Tradición Oral a principios deste mes. Aproveitando que estabamos de Magosto, recitaron ditos e refráns sobre o San Martiño e as castañas.

Na presentación de máis abaixo, tamén hai alumnado de Primaria (e algunha profe) retratándose como a "Señora do Magosto" no noso "Castañeira Fotomatón".

Outono

Fai clic para ver a presentación

Contacontos especiais de Samaín

27/10/2016

Co gallo da chegada do Samaín, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega invitou ao alumnado de Infantil e Primaria á representación dun conto. As nenas e nenos de 5 anos representaron coa axuda do Kamishibai (teatro xaponés) o conto de OQO "Carabuñas", un monstro come-nenos que nunca cortaba as unllas. Logo dunha das representacións, atoparon un agasallo na aula...

Carabuñas

Xa podes descargar a versión dixital de A Tribo 2016

A Tribo 13 - 2016A Tribo 2016

01/07/2016

Publicamos xa a versión dixital de A Tribo 2016, aínda que advertimos de que pesa máis do habitual (44'5 MB).

Intercentros 2016

Intercentros 2016Fai clic para ampliar a foto

19/05/2016

Un ano máis temos que dar a noraboa aos gañadores no certame Intercentros!

Na categoría audiovisual, resultou gañadora a curtametraxe de Alicia Santos Lago (4ºB ESO), titulada O verme viaxeiro. Tamén foi premiada cun accésit a titulada Pon a de “Sorry”, presentada por Estefanía López Pouso, Carlota Prieto Pérez e María Lamas Perret (4ºB ESO).

Nas categorías escritas temos que felicitar a varios alumnos da ESO:


Parabéns tamén a todos os demais participantes, moi en especial para os que se presentaron ás categorías orais; aínda que non resultasen gañadores nesta ocasión, o seu esforzo e valentía son merecedores da nosa admiración. Recollerán os seus premios na gala que se celebrará o vindeiro 19 de maio, con motivo do Día das Letras. Como xa é costume, a exposición dos traballos presentados polos grupos de Infantil e Primaria no Pazo da Cultura pode ser visitada nestes días.

Aquí tedes as actuacións de Infantil e Primaria:

Visita do contacontos Iago López

Iago López no FealFai clic para ampliar a foto

14/04/2016

Esta mañá, o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria divertiuse co contacontos Iago López, que nos visitou para dramatizar a historia de Feliz Feroz.

Encontro con Andrea Maceiras

Andrea MaceirasFai clic para ver máis fotos

12/04/2016

Andrea Maceiras, a recente gañadora do premio Jules Verne de narrativa xuvenil, veu esta mañá á nosa biblioteca para falarnos da súa última novela Europa Express. O alumnado de 3º e 4º de ESO achegouse deste xeito en primeira persoa a unha das novas escritoras galegas de máis éxito.

Aclarounos de onde partía a idea desta historia, explicounos a maneira en que ía construíndo as súas novelas, de onde cría que nacía a inspiración cando creaba personaxes ou razoou connosco sobre o acerto do final que escolleu para rematar a intriga do relato.

Ao final, puidemos pedirlle que nos asinase os nosos libros e mesmo que sacase algunhas fotos connosco.

Andrea Maceiras e 3º/4º de ESOFai clic para ampliar a foto

Club de Debate: unha interesante experiencia

Club de Debate 2016

Fai clic para ver máis fotos

05/03/2016

Hoxe foi un día algo especial para un pequeno grupo de alumnas e alumnos do Feal. Israel, Lara, Fany, Tania, Paula, Gabriel e Rebeca, representaron ao centro e ao concello participando no Club de Debate na súa fase comarcal. Alí estaban centros de Ferrol e tamén de Carballo. 

Como profesora encargada de coordinalos e orientalos na preparación dos debates, non podería menos que expresar a miña enorme admiración e agradecemento por animarse a vivir esta aventura, sen se volver en ningún momento atrás. E crédeme, foron unhas semanas complicadas para conseguir xuntarnos, cheas de exames e outras actividades que eran máis importantes para todos nós. 

O atril, o público, o xurado, a inexperiencia,... podedes facilmente imaxinar os nervios que se pasan e tamén o valor que lle hai que poñer para defenderse dignamente no escenario. Pero fixérono, e moi ben, aínda que non fose suficiente para conseguir clasificarnos. Levamos, iso si, unha experiencia fantástica que lembraremos sempre e varias leccións que estou segurísima serán ben útiles no futuro para tod@s nós.

Os meus parabéns!

María Anca

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido