Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Xa podes descargar A Tribo 2020

Logo

A Tribo 17 - 2020A Tribo 2020

17/06/2020

Debido as excepcionais circunstancias do curso 2019-2020, este ano non haberá revista escolar en papel, pero aquí a tedes en formato dixital. Grazas especiais a Raquel Zaplana, que mantivo vivo o proxecto a pesar das dificultades.

Club de Debate

Outes - 11/03/2020Preme para ver máis fotos

12/03/2020

Por fin chegou o día: despois dun mes e medio traballando na preparación do debate, o grupo de alumnos de 4º ESO que vedes na imaxe, participou na fase de zona deste concurso autonómico, que pretende impulsar o uso oral da lingua galega, e potenciar o traballo dos recursos de habilidades comunicativas dos adolescentes, ademais de fomentar o seu espírito crítico e democrático.

O tema do debate, polémico onde os haxa, era É necesaria a Monarquía no século XXI?

A preparación do grupo correu a cargo das profesoras Conchi Parada e Mar González.

A competición celebrouse na Casa da Cultura de Outes, coa participación de oito equipos. Os gañadores foron os rapaces do IES Canido (Ferrol) que pasan á fase final que terá lugar o 16 de maio en Santiago.

Os rapaces de Feal defenderon moi ben o seu papel e merecen os nosos parabéns. Grazas a: Antón González, Clara López, Kevin Fonticoba, Irene Mas, Alba Reche, Clara Rodríguez, Rocío Teijeiro, Paula Somorrostro e tamén a Mónica Meizoso, aínda que no último momento non puido asistir.

Ademais das preparadoras, onte estiveron acompañados pola técnica de Normalización Lingüística do Concello de Narón, Adela Pita, e pola Concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.

Foi unha xornada intensa e moi frutífera. Grazas a este equipo pola súa implicación e ás súas familias por facilitar este traballo.

Club de Debate

Negreira 2020

20/01/2020

Este curso, o CPI do Feal participa no Club de Debate, un proxecto promovido polos Equipos de Dinamización da Lingua de diversos concellos de Galicia. Vai dirixido ao alumnado de 3º-4º ESO e 1º BAC (e equivalentes en Ciclos Formativos). O obxectivo é fomentar o uso oral da lingua galega, ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersonal e promover a reflexión e intercambio de opinións.

O noso equipo está formado por nove alumnos de 4º ESO: Kevin Fonticoba, Antón González, Irene Mas, Mónica Meizoso, Clara López, Alba Reche, Clara Rodríguez, Rocío Teijeiro, e Paula Somorrostro. As coordinadoras desta actividade son as profesoras Conchi Parada e Mar González.

Esta mañá todos asistiron a unha xornada formativa que se celebrou en Negreira, na que recibiron indicacións sobre a dinámica da competición, regulamento, e recursos para a mellora das intervencións orais.

A primeira fase celebrarase o próximo 11 de marzo no concello de Outes. O tema elixido foi unha proposta do noso equipo: É necesaria a Monarquía no século XXI?  A polémica está servida, falta saber como resolven, dialecticamente, a defensa / ataque deste punto de debate.

Calendario do Feal 2020

Calendario do Feal 2018
Preme para ver o calendario completo

16/01/2020

O noso calendario de 2020 está dedicado a lendas de Galicia, Grecia e Holanda, debido a un proxecto eTwinning no que colabora:

Thanks to you all!!

Os traballos seleccionados do noso alumnado son os seguintes:

Gema Díaz González
6º de EP A Febreiro
Alexandra Precedo Varela
2º de ESO B Maio
Irene Santalla Casal
2º de ESO B Agosto
Irene Mas López
4º de ESO B Decembro

 

Fe de errata na versión impresa:

No mes de agosto, a autora é Irene Santalla Casal.

Postal de Nadal 2019

Marcos Pita Costa (Infantil - 3 anos)

15/12/2019

Aquí tedes as imaxes elixidas para a nosa postal de Nadal 2019. Son de Marcos Pita Costa (Infantil - 3 anos) e Tania López Pazos (5º B de Primaria).

Tania López Pazos (5º B de Primaria)

Ingredientes para celebrar o Nadal á galega:

Comer sen poñerse como un Pepe.
Pasar tempo coa familia, pero... con sentidiño!
Ilusionarse con cada aperta e agasallo.


Felicidade todo o día! E se chove, que chova!
Esforzarse en non poñerse como un toxo con curmáns e curmás!
Amodiño cos patinetes e bicicletas, non vaia ser o demo.
Lembrar que en xaneiro hai que volver (eche o que hai!).

Nadal 2019

Xa podes descargar a versión dixital de A Tribo 2019

Logo

A Tribo 16 - 2019A Tribo 2019

15/12/2019

Cuns meses de retraso, polos que pedimos desculpas, publicamos xa a versión dixital de A Tribo 2019 (con algúns erros corrixidos). Grazas especiais a Raquel Zaplana, que se encargou tanto da coordinación como do deseño da revista.

Homenaxe a Antonio Fraguas de 6º C de Primaria

Homenaxe a Antonio FraguasFai clic para escoitar o podcast

19/05/2019

O alumnado de 6º C de Primaria celebrou as Letras Galegas antes de marchar de excursión a Madrid. Para conmemorar a figura de Antonio Fraguas, fixeron unha pequena investigación e escribiron un texto sobre a súa vida. A partir dese texto, elaboraron un pequeno podcast para participar no Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, organizado polo IES Rosalía de Castro e impulsado polos Equipos de Dinamización Lingüística.

Velaquí tedes o resultado.

Entrega dos premios de Intercentros 2019

Logo

Marián Ferreiro e Juan Carlos BediaFai clic para ver máis fotos

16/05/2019

Esta mañá celebrouse a entrega de premios do último Certame Intercentros de Narón. Grazas e parabéns para todo o alumnado que figura a continuación e o profesorado que o axudou.

 

Expresión oral

Premio á participación:

  • Infantil 3, 4, 5 e Freixeiro; pola canción Ring, ring...! Quen rima?
  • 1º de Primaria; pola canción Miñas cousas.

Teatro:

  • 5º A de Primaria: Accésit por As mulleres non poden... que?
  • 6º C de Primaria: Accésit por E non quedou ningún.

Audiovisual:

  • 4º de ESO: 1º premio por Apagha iso!!
  • 4º de ESO: Accésit por Entrevistas no Feal.


Expresión escrita

  • Catuxa Corral Mosquera: Primeiro premio de 1º e 2 de ESO en Cómic; por Chorima quere ser Youtuber.
  • Raúl Primoy Villar: Accésit de 1º e 2º de ESO en Cómic; por Salchicho fronte a Raimond.
  • Hugo Serantes Bouza: Accésit de 1º e 2º de ESO en Cómic; por As ratas na casa.
  • Candela López Pazos: Accésit de 1º e 2º de ESO en Poesía; por A familia.

Apagha iso!!Fai clic para ver máis fotos

Semana da Prensa no Feal

05/04/2019

A mestra Raquel Zaplana fixo recentemente este vídeo, no que participou alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria do noso centro. Trátase dunha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar a Semana da Prensa: unha especie de telexornal con novas "especiais". Non perdades as tomas falsas do final.

Gañadoras do concurso de máscaras

Máscaras 2019

29/03/2019

Xa podemos anunciar as gañadoras do concurso de máscaras!

En primeiro lugar, queremos agradecer a implicación das familias neste proxecto de reciclaxe e sentimos non poder recompensar a todas as nenas e nenos que participaron.

Aquí tedes unhas imaxes das gañadoras cos seus agasallos. Felicidades rapazas!

  • Aloia Casanova Pita (4 anos)
  • Tania López Pazos (4º B de Primaria)
  • Gema Díaz González (5º A de Primaria)

Podedes pasar a recoller as máscaras na aula de 6º C ata o mércores 3 de abril.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido