Dinamización da Lingua Galega
Día de Rosalía 2023
25/02/2023
O 23 de febreiro (polo aniversario do seu nacemento), celébrase o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, creamos entre todos “O xardín de Rosalía”, un recuncho para homenaxeala cheo de pensamentos (a súa flor preferida).
O pasado venres 24, clase por clase, o noso alumnado de Infantil e Primaria colocou as flores no xardín de Rosalía. Alí estaba Rosalía, coa que os nenos conversaron. Como agradecemento, Rosalía recitoulles algún dos seus poemas. Grazas por facelo tan fermoso!
Para completar este artigo, engadimos diversos recursos educativos sobre o tema recompilados polo equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria.
“Eu son libre. Nada pode parar os meus pensamentos, eles son os que dirixen o meu destino”. Rosalía de Castro
Calendario 2023 e postal de Nadal
Preme para ver o calendario completo
22/12/2022
O noso calendario de 2023 está dedicado a escritores/as de Ferrolterra.
Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado de Primaria e Secundaria:
Martina López Saavedra |
1º de ESO C | Xaneiro |
Irene Montero Fraga |
1º de ESO B | Febreiro |
Zaira Romero Calvo | 1º de ESO C | Marzo |
Iago Paniagua Martínez |
2º de ESO B | Abril |
Adrián Hermida Rodríguez |
2º de ESO B | Maio |
Tania López Pazos |
2º de ESO C | Xuño |
Meredith Cristal Zapata de León |
3º de ESO A | Xullo |
Naomi Pérez Suárez |
3º de ESO B | Agosto |
Emma Bustabad Fonticoba |
3º de ESO C | Setembro |
Martín Meizoso González |
6º de EP B | Outubro |
Maite, Lola, Adrián, Andrea e Celtia |
4º de ESO B | Novembro |
Dayron Patiño Buitrago |
4º de ESO C | Decembro |
Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:
Pedro Portela Regueiro |
5º de EI |
Inés López Prado |
6° de EP B |
Preme para ver a postal completa
Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).
Boas festas e feliz 2023!
Concurso de relatos de terror na ESO
18/11/2022
Con motivo do Samaín, o equipo de Dinamización da Lingua, organizou un concurso de relatos de terror. Foron moitos os traballos presentados polo alumnado da ESO. Grazas a todos pola participación. Tras a deliberación do xurado, esta mañá fíxose entrega dun agasallo aos rapaces premiados en cada categoría.
- Categoría 1º-2º de ESO: O primeiro premio foi para Tania López Pazos (2º C), o segundo premio correspondeulle a Zeltia Freire Varela (1º B) e Carla Hermida Valledor (1º B) recibiu o terceiro premio.
- Categoría 3º-4º de ESO: Primeiro premio para Lucía Pereira Pena (3º C), o segundo premio foi para Manuel Freire Cagiao (3º A) e o terceiro premio concedéuselle a Sergio Calvo Meizoso (4º A).
Parabéns a todos os premiados!
Concursos de Samaín en Primaria
18/11/2022
Aquí tedes os resultados dos nosos concursos de Samaín:
Sección de "Microrrelatos de medo" (5º e 6º de Primaria)
- Gañadora: Daniela Alvariño Fraga (6º EP), co relato "O misterio da mansión do Feal".
- Finalistas: Ainhoa Dopico García (6º EP), co relato "Truco e Trato", e Alex Castro Martínez (5º EP), co relato " Unha noite de Samaín".
Sección de "Crea o teu monstro" (3º e 4º de Primaria)
- Gañador: Liam Alfonso Fernández, co monstro Pepe.
- Finalistas: Alicia Filgueira, Damián Izquierdo, Fernando Sinay Ramos, Hugo Díaz Novo, Inés Pereira Cagiao, Javier Gómez Cives, Laura Rivera Montero e Nicolás Pumariño Aneiros.
Ademais, podedes escoitar un podcast onde se explican todas as nosas actividades de Samaín. Os mellores da primeira sección len os seus relatos, o gañador da segunda fala do seu monstro, e tamén hai fragmentos dos contacontos de Infantil.
Xa podes descargar A Tribo 2022
O Feal nas Ondas
05/03/2022
Con motivo da recente conmemoración do Día de Rosalía (23 de febreiro), retomamos os podcasts educativos de Radio Feal, agora tamén en Spotify.
Neste caso, o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria, colaborou para a gravación dun episodio no que se fai unha viaxe pola vida e obra de Rosalía, contando cun variado abano de seccións: gastronomía, humor, recitado, música, entrevista...
Agardamos que gocedes do traballo dos máis pequenos/as! Vémonos nas Ondas!
Visita a Radio FilispiM 93.9
26/01/2022
O pasado Luns, 24 de xaneiro, catro nenos/as de 5º de Primaria (Diego, Laura, Tiago e Pablo) acompañados pola profe María, de 6º (á que aproveitamos para dar as grazas pola súa inestimable axuda), estiveron na sección de "Avaliación continua" do Programa "Unha tarde no muíño", de Radio Filispim.
Ademais de ser unha experiencia inesquecible para eles, tiveron a oportunidade de explicar nas ondas o traballo desenvolvido no primeiro trimestre respecto das "Olimpíadas de Educación Vial" organizadas polo Concello de Narón: as charlas de formación, as xincanas, a proba final, o que sentiron...
Grazas a todo o alumnado e profesorado de 5º pola súa colaboración.
Felices festas
Preme para ver o calendario completo
22/12/2021
O profesorado do Feal desexa boas festas e feliz 2022 a toda a comunidade educativa.
O noso calendario de 2022 está dedicado as Lendas do Camiño de Santiago.
Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado de Secundaria:
Alazne Soto Bernal |
1º de ESO A | Xaneiro |
Adriana Martínez Cereijo |
1º de ESO B | Febreiro |
Iago Paniagua Martínez |
1º de ESO C | Marzo |
Laura Gómez Rodríguez |
2º de ESO A | Abril |
Gabriel Feal Carneiro |
2º de ESO B | Maio |
Daniela Lage Pedre |
2º de ESO C | Xuño |
Lucía Pereira Pena |
2º de ESO D | Xullo |
Lucía Sanesteban Guerrero |
3º de ESO A | Agosto |
Estrella Cartelle Calviño / Naiara Cupeiro Boado |
3º de ESO B | Setembro |
Eva Mahía Prieto |
3º de ESO C | Outubro |
Catuxa Corral Mosquera |
4º de ESO A | Novembro |
Ainara Suárez Anca |
4º de ESO B | Decembro |
Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:
Erik Ananyan |
4º de EI |
Mateo Pazo Díaz |
5º de EP B |
Preme para ver a postal completa
Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).
Premio do Concurso de relatos de medo 2021/2022
29/11/2021
Un ano máis, achegamos o traballo premiado no novo concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca de Infantil e Primaria e o Equipo de Dinamización lingüística. A gañadora é Amanda Rodríguez Macías, de 6º C de Primaria, co relato "O bosque encantado". Parabéns!
O dragón Queimamedos visita O Feal
Preme para ver máis fotos do noso Samaín 2021
29/10/2021
Esta semana, por mor da celebración do Samaín, festa milenaria na que -según din- é máis sinxelo transitar entre o mundo dos vivos e dos mortos, o Dragón Queimamedos visitou o Feal para queimar coas súas grandes laparadas todos os medos dos nosos nenos/as. Así que agardamos que moitos deles quedasen no camiño ou, cando menos, os nosos nenos/as aprendesen a convivir con eles.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com