Dinamización da Lingua Galega
Intercentros 2016
19/05/2016
Un ano máis temos que dar a noraboa aos gañadores no certame Intercentros!
Na categoría audiovisual, resultou gañadora a curtametraxe de Alicia Santos Lago (4ºB ESO), titulada O verme viaxeiro. Tamén foi premiada cun accésit a titulada Pon a de “Sorry”, presentada por Estefanía López Pouso, Carlota Prieto Pérez e María Lamas Perret (4ºB ESO).
Nas categorías escritas temos que felicitar a varios alumnos da ESO:
- 1ºA ESO (Alba Castro Pérez). Cómic: O misterio do Camiño de Santiago.
- 1ºA ESO (Claudia Fernández Martínez): Poesía: Sempre de sempre.
- Accésit: 1ºA ESO (Noa Filgueira Piñeiro). Poesía: Ese día...
- 3ºA ESO (Pedro Díaz González). Reportaxe xornalística: Oenach Atlántico de Sedes.
- 4ºB ESO (Rebeca Santamarina Fernández). Poesía: Crepúsculo.
- 4ºA ESO (Olga Gil Peñas). Narrativa: Chora e chora, pequena.
- 4ºA ESO (Tania Pérez Gómez). Cómic: Soul Surfer.
Parabéns tamén a todos os demais participantes, moi en especial para os que se presentaron ás categorías orais; aínda que non resultasen gañadores nesta ocasión, o seu esforzo e valentía son merecedores da nosa admiración. Recollerán os seus premios na gala que se celebrará o vindeiro 19 de maio, con motivo do Día das Letras. Como xa é costume, a exposición dos traballos presentados polos grupos de Infantil e Primaria no Pazo da Cultura pode ser visitada nestes días.
Aquí tedes as actuacións de Infantil e Primaria:
Visita do contacontos Iago López
14/04/2016
Esta mañá, o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria divertiuse co contacontos Iago López, que nos visitou para dramatizar a historia de Feliz Feroz.
Encontro con Andrea Maceiras
12/04/2016
Andrea Maceiras, a recente gañadora do premio Jules Verne de narrativa xuvenil, veu esta mañá á nosa biblioteca para falarnos da súa última novela Europa Express. O alumnado de 3º e 4º de ESO achegouse deste xeito en primeira persoa a unha das novas escritoras galegas de máis éxito.
Aclarounos de onde partía a idea desta historia, explicounos a maneira en que ía construíndo as súas novelas, de onde cría que nacía a inspiración cando creaba personaxes ou razoou connosco sobre o acerto do final que escolleu para rematar a intriga do relato.
Ao final, puidemos pedirlle que nos asinase os nosos libros e mesmo que sacase algunhas fotos connosco.
Club de Debate: unha interesante experiencia
05/03/2016
Hoxe foi un día algo especial para un pequeno grupo de alumnas e alumnos do Feal. Israel, Lara, Fany, Tania, Paula, Gabriel e Rebeca, representaron ao centro e ao concello participando no Club de Debate na súa fase comarcal. Alí estaban centros de Ferrol e tamén de Carballo.
Como profesora encargada de coordinalos e orientalos na preparación dos debates, non podería menos que expresar a miña enorme admiración e agradecemento por animarse a vivir esta aventura, sen se volver en ningún momento atrás. E crédeme, foron unhas semanas complicadas para conseguir xuntarnos, cheas de exames e outras actividades que eran máis importantes para todos nós.
O atril, o público, o xurado, a inexperiencia,... podedes facilmente imaxinar os nervios que se pasan e tamén o valor que lle hai que poñer para defenderse dignamente no escenario. Pero fixérono, e moi ben, aínda que non fose suficiente para conseguir clasificarnos. Levamos, iso si, unha experiencia fantástica que lembraremos sempre e varias leccións que estou segurísima serán ben útiles no futuro para tod@s nós.
Os meus parabéns!
María Anca
Unha horiña con Quico Cadaval
04/03/2016
Esta mañá pasou polo noso centro o narrador galego Quico Cadaval. Acompañounos na nosa biblioteca para relatar un estraño encontro nunha discoteca galega. A cousa movíase entre o amoroso e o misterio, aínda que todo o tempo foi coando referencias musicais que fixeron da súa posta en escena algo moi dinámico e gracioso... iso si, ninguén se lanzou a bailarlle un agharrado! Os rapaces e rapazas de 3º da ESO compartirán sen dúbida con todos vosoutros os mellores momentos da actuación.
Esta actividade foi posible grazas á celebración do "Conta con Narón", que esta mesma noite continuará no Auditorio Municipal a partir das 20:30h. Ademais de Quico Cadaval, alí estarán participando dunha contada colectiva Paula Carballeira, Boniface Ofogo e Nelson Calderón.
Día de Rosalía
26/02/2016
Con motivo da celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, publicamos o bonito vídeo de Paula Neira que recolle o proceso de elaboración dun mural de homenaxe, feito na nosa aula de Infantil - 4 anos. A banda sonora é un poema de Cantares gallegos musicado por Roi Casal: Meniña, ti a máis fermosa.
O pasado mércores 24, o noso centro sumárase tamén á celebración da biblioteca do Concello. Unha pequena representación do Feal (coas alumnas Olga Gil e Joanna Vaamonde de 4º ESO) acudiu á cita para participar na lectura pública dalgúns dos seus poemas. O acto foi presentado polo alcalde e por Mercedes Taibo, como concelleira de ensino e bibliotecas. Non había moita xente alí, pero si moita participación e emoción na lectura dos poemas elixidos para poñer de relevo a vixencia e importancia dos versos de Rosalía.
Máscaras gañadoras do concurso 2016
18/02/2016
Na entrada do centro estiveron expostas as máscaras que se presentaron este ano ao concurso convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua no Entroido. Estas foron as tres máis votadas:
- Tania López Pazos (1º B de Primaria)
- Yaiza Caamaño Canosa (4º A de Primaria)
- Noel Rodríguez Cao (2º C de Primaria)
Grazas polo esforzo dos participantes e das súas familias e felicidades aos gañadores/as!
Calendario do Feal 2016 e postal de Nadal
Fai clic para ver o calendario completo
17/12/2015
Os protagonistas do noso calendario de 2016 son os faros galegos.
Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado da ESO:
Mario Mouriz |
1º de ESO B | Xaneiro |
Daniel Prieto |
1º de ESO C | Febreiro |
Michelle de Gregorio |
4º de ESO A | Marzo |
Laura Corral |
2º de ESO A | Abril |
Ismael Romero | 1º de ESO C | Maio |
Pedro Miguel Sousa |
2º de ESO B | Xuño |
Gabriel Pardo | 3º de ESO A | Xullo |
Nazaré Villar |
3º de ESO B | Agosto |
Alicia Santos |
4º de ESO B | Setembro |
Vanesa López |
4º de ESO A | Outubro |
Estefanía López |
4º de ESO B | Novembro |
Pablo Chao |
1º de ESO A | Decembro |
Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:
Breogán Caínzos Barro |
Infantil - 4 anos |
Álvaro Castro Fernández | 3º A de Primaria |
Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).
Boas festas e feliz 2016!
Xa podes descargar a versión dixital de A Tribo 2014 e 2015
02/07/2015
Pedimos desculpas polo retraso da versión dixital de A Tribo 2014 (que ademais pesa máis do habitual), pero aquí chega xa xunto á nosa revista de 2015.
Premio literario no Concello de Ames para Aldara Castro Meizoso
26/05/2015
No Feal hai tempo que sabemos o moito que vale a nosa alumna Aldara Castro Meizoso (4ºESO). Desde hai unhas semanas, tamén o saben no Concello de Ames, onde conseguiu un segundo premio cun dos seus poemas. Este Certame Literario, que vai pola duodécima edición, é xa un concurso de referencia dentro do mundo da poesía e a narrativa galegas, no que pode participar calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. Establécense tres categorías –infantil, xuvenil e adulta–. Parabéns, Aldara!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
