Saltar navegación.
Inicio

Concurso de cabazas 2018

Cabazas 2018

05/11/2018

Este curso levamos a cabo un novo concurso de decoración de cabazas para o alumnado de Educación Infantil e Primaria. O equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI do Feal quere agradecer ás familias a súa implicación neste proxecto, xa que o número de participantes superou o esperado. Debido á alta implicación, en lugar de entregar un primeiro premio, un segundo e un terceiro, entregaremos tres primeiros premios. Cada neno e nena premiada recibirá unha entrada de cine doble.

Ante a masiva participación, dividimos as cabazas participantes en tres categorías: cabazas terroríficas, xigantes e inspiradas en personaxes literarios. Tras unha apretada votación por parte do xurado, as cabazas gañadoras son a de Sergio Calvo de 6º A (terrorífica), a de Álex González de 2º B (xigante) e a de Bruno Oreona de 4 anos (personaxe):

Cabazas 2018

Podedes ver mellor todas as cabazas participantes no álbum "Outono 2018" da nosa Galería.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com