Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Dinamización da Lingua Galega

Quérote 2010

20/01/2010

O día de San Valentín xa está cerca e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón organiza o seu I Concurso de cartas de amor "Quérote 2010".

  • Podes ver as bases do concurso e enviar a túa carta na web do Concello de Narón.
  • A carta ten que estar escrita en galego.
  • A data límite de envío é o 10 de febreiro (ás 14:30).
  • O primeiro premio é de 100 €, o segundo de 75 € e o terceiro de 50 €.

Recomendo un vilancico en galego

María Anca, 22/12/2009

Quixera recomendar un vilancico dun disco xa de hai algún tempo dedicado ao nadal: O Quiquiriquí. A que canta é Guadi Galego, unha cedeiresa que comeza a destacar nos últimos anos no panorama da música galega.

Coñecías ao Apalpador?

Apalpador

14/12/2009

Pincha na imaxe para saber máis del e cóntanos que lle pedirías este ano para o Feal pinchando nos comentarios.

Regalemos galego 2009

Regalemos galego 2009
Fai clic para ver unha selección de agasallos en galego

14/12/2009

No CPI Vicente Otero Valcárcel (Carral), elaborououse o documento que achegamos entre o equipo de Normalización, o da Biblioteca e o alumnado de 3º e 4º da ESO. Trátase dunha selección de agasallos en galego pensando neste Nadal.

Traballos seleccionados nos concursos de debuxo de Nadal 2009/10

Postal 2009

Calendario 2010
Fai clic para ver o calendario completo

02/12/2009

Aquí tedes os debuxos gañadores deste Nadal. No concurso de postais, foi seleccionado o traballo de Aldara Castro (5º B de Primaria), mentres que os autores das árbores do calendario foron:

Xaneiro Lara Castro
1º de ESO A
Febreiro Miguel Hermida
1º de ESO B
Marzo Iwona Nakonieczna
1º de ESO C
Abril Susana Puente
2º de ESO A
Maio Marco Rodríguez
2º de ESO B
Xuño Tamara Caamiña
3º de ESO A
Xullo Ángel Soto
3º de ESO B
Agosto Marta Fernández
4º de ESO A
Setembro Cynthia Saura
4º de ESO B
Outubro Juan Daniel Leira
3º Diver.
Novembro Paula Soto
4º Diver.
Decembro Estefanía Barreiro
1º de ESO B

Grazas aos nenas e as nenas polo seu traballo, e aos titores e titoras porque sabemos que sen a súa colaboración isto non sería posible.

Concursos de Nadal

Nadal 2009

16/11/2009

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Feal convoca un ano máis os seus dous tradicionais concursos de debuxo de Nadal.

Para Infantil e Primaria:

  • O deseño da nosa próxima tarxeta de Nadal, en tamaño aproximado de 11 x 15 cm.
  • Poderanse entregar os debuxos ao titor/a ata o 30 de novembro.

Para Secundaria:

  • O deseño do calendario do ano que vén, que esta vez terá unha árbore diferente en cada mes.
  • A data límite de entrega das árbores será o 27 de novembro.

Agardamos polos vosos traballos. GRAZAS!

Alumnado elixido para o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

09/10/2009

Temos que agradecer a gran resposta do alumnado á convocatoria para renovar o equipo de Normalización. As prazas a cubrir eran só tres é aquí tedes os elixidos:

  • Marco Rodríguez Ocampo (2º ESO - B)
  • Martín Beceiro Díaz (2º ESO - B)
  • Uxía Muíño Díaz (1º ESO - A)

Participa en A Tribo 7

Tribos

23/09/2009

Fai que sigamos orgullosos da nosa revista participando no número de 2010. Xa podes enviar as túas propostas ao seguinte enderezo electrónico:

soniafeal@hotmail.com

Sorpréndenos!

 

Nota: Os textos e as imaxes deberán ir en arquivos independentes (os textos preferentemente en galego e as imaxes cunha resolución mínima de 640x360 píxeles).

Apúntate

Apúntate

23/09/2009

O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI do Feal necesita renovar os seus membros dentro do ámbito do alumnado. Precisamos a túa colaboración, a de todos os alumnos, e por iso programamos esta campaña:

" Forma parte do noso equipo. Apúntate !!! "

E iso é o que queremos que fagas, que te apuntes con nós. Pero antes debes saber cal será a túa función: Simplemente...organizar, colaborar, ter ideas, facer o equipo máis orixinal, dinámico e actual. En concreto, podes axudar a que saian adiante proxectos como:

  • Revista escolar. Aí é onde podes ti expresarte, queremos novas seccións, unha visión diferente que só ti lle podes dar.
  • Actividades de Entroido, Nadal...

E, por suposto, todo iso en galego. Que sexa a túa lingua!. APÚNTATE NO EQUIPO!!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido