Saltar navegación.
Inicio

Xogos e xoguetes

Xoguetes vellos

05/02/2015

Despois de pasar unhas festas nas que os xoguetes e os rapaces e rapazas se converteron nos grandes protagonistas, preguntámonos que saberán de como xogaban os seus pais, os seus avós... como se entretiñan os nenos doutrora?

Deste xeito, dende o Equipo de Dinamización da Lingua, pensamos en organizar unha exposición de xoguetes e xogos antigos co obxectivo de dar a coñecer entre o noso alumnado esta parte fundamental e fermosa da nosa cultura tradicional. Para iso, queremos contar coa vosa colaboración.

Somos conscientes de que moitos dos utensilios que usabamos para xogar os creabamos nós mesmos: bonecas de trapo, pelotas de herba, carracas... e que iso suporá un maior esforzo para as familias, pero tamén valoramos a importancia de achegar aos nosos nenos e nenas outras opcións de xogo no marco da actual sociedade consumista.

Os obxectos deben vir identificados co nome do rapaz ou rapaza, curso e acompañados dunha breve información na que se explique como se xoga con eles. 

No caso de conseguir material suficiente, a exposición estaría aberta ás visitas no noso centro.

Agradecemos a todos de antemán a súa colaboración!

 

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com