Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Do berce á rúa: medra coa lingua

Do berce á rua

31/10/2012

Fai clic na imaxe para coñecer a campaña do Concello de Narón para fomentar o galego "dende o principio".

Vitaminas para o galego

17/05/2012

Aquí podedes ver un vídeo que gravamos coa colaboración de Lucía e Fran de 3º B da ESO. Con el participamos na iniciativa "Vitaminas para o galego".

Grazas a todos os que o fixeron posible.

Xa está aquí A Tribo 2011

A Tribo 8 - 2011

27/06/2011

Grazas a toda a xente que participou na nova edición da nosa revista. Xa podedes descargar a versión dixital.

XXII Certame Intercentros do Concello de Narón

Grazas! A todo o alumnado que participou no certame.
Grazas! Aos titores e profesores que ensaiaron, axudaron e colaboraron con estes nenos e nenas.


FELICIDADES AOS PREMIADOS!!

  • MARTA TRIGO E UXÍA MUÍÑO de 2ºESO polo seu poema DESAMOR
  • LIDIA RIVERA REY de 4º ESO polo seu poema UN NOVO DÍA
  • BRAIS ESPIÑEIRA GARCÍA de PCPI polo seu cómic GAFE

        Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

XXII Certame Intercentros do Concello de Narón

 

01/03/2011

Un ano máis, e con motivo da celebración do Día das Letras, convócase o Certame Intercentros do Concello. Este ano dedícase a un poeta monfortino, Lois Pereiro.

Queremos animarvos a todos e todas a participar nalgunha das moitas categorías e modalidades entre as que podedes elixir. Para máis información acudide aos vosos profesores ou titores.

Grazas

03/12/2010

 

GRAZAS

A todo o alumnado de secundaria pola súa participación no concurso:

“O NOSO CALENDARIO”

Os traballos seleccionados son de:

Xaneiro Catherine Fernández 1º de ESO A
Febreiro Aitor López 1º de ESO B
Marzo Valentina Arciniegas 1º de ESO C
Abril Sofía González 2º de ESO A
Maio Silvia Fachado 2º de ESO B
Xuño Gabriela Veiga 3º de ESO A
Xullo Adrián González 3º Diver.
Agosto   Alberto Caridad 4º de ESO A
Setembro   Juan Daniel Leira 4º Diver.
Outubro Brais Espiñeira PCPI
Novembro Iwona Nakonieczna 2º de ESO B
Decembro Jennifer Castro 2º de ESO A

 

GRAZAS

Aos titores, titoras e profesorado  de infantil, primaria e secundaria pola súa colaboración, imprescincible para a realización destes traballos dos nosos nenos e nenas.

 

GRAZAS

A todos os nenos e nenas de infantil e primaria que participaron no concurso:

“TARXETA DE NADAL”

Saíron seleccionadas as tarxetas de:

  • Noa Barro (5º A)
  • Laura Pazos (Infantil - 5 anos)

Equipo de dinamización lingüística

Calendario de Nadal

O buxato desorientado

15/11/2010

Este ano o tema do calendario para 2011 vai ser: AS AVES. Seleccionamos doce aves, unha para cada mes do ano; e agora ímoslle encargar a  cada un dos cursos de Secundaria unha tarefa:

FACER O DEBUXO DAS AVES

  • Por favor, limitadevos ao espazo que se vos indica e, para que o debuxo quede máis vistoso, utilizade cores vivas que non sexan fluorescentes (non serven para imprimir).
  • É un concurso para o alumnado da ESO, os debuxos seleccionados recibirán premio.
  • Data límite de entrega: día 30 de novembro.

Grazas pola vosa colaboración.

Equipo de Dinamización Lingüística.

Tarxetas de Nadal

15/11/2010

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convida aos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria a participar na creación artística dunha tarxeta de Nadal.

  • Os debuxos serán orixinais e inéditos, en cartolina ou papel, a cores e dun tamaño aproximado de 11 X 15 cm.
  • A letra ou slogan tamén ha de ser orixinal.
  • Os debuxos serán entregados ao titor ou titora ata o día 30 de novembro como data límite.

Un xurado de alumnos e profesores seleccionará a tarxeta que reúna as mellores condicións para ser editada. Todas as tarxetas presentadoas expoñeranse no taboleiros do centro.

Agardamos polos vosos traballos. Grazas.

A Tribo 2010-2011

Agardamos polos vosos traballos para poder editar o nº8 da nosa revista: A Tribo.

A Tribo 2010 xa está aquí!!

A Tribo 2010

15/06/2010

Por primeira vez, a impresión de A Tribo foi feita pola empresa de artes gráficas de Ferrol "Pluma" e quedamos moi satisfeit@s tanto coa calidade coma coa rapidez. Noraboa a Sonia Álvarez polo seu fantástico deseño (coma sempre) e moitas grazas a toda a xente que aportou material para a nosa revista de 2010.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido