Saltar navegación.
Inicio

A Tribo 2010 xa está aquí!!

A Tribo 2010

15/06/2010

Por primeira vez, a impresión de A Tribo foi feita pola empresa de artes gráficas de Ferrol "Pluma" e quedamos moi satisfeit@s tanto coa calidade coma coa rapidez. Noraboa a Sonia Álvarez polo seu fantástico deseño (coma sempre) e moitas grazas a toda a xente que aportou material para a nosa revista de 2010.

Noraboa

Penso que a última edición de A Tribo quedou moi ben feitiña. Moitas grazas ao Equipo de Normalización por manter esta tradición e a todos aqueles que colaboran cos seus artigos. É un bonito punto de encontro das distintas actividades que se fan no Feal. Pero, o agradecemento especial vai para Sonia, que se encarga de artellar todo o material con moita creatividade. Parabéns!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com