Saltar navegación.
Inicio

Fealidades

Cousas do Feal

NORABOA!!!

Ya llegué

11/12/2008

Mentras esperamos con ansia as fotos da nova colaboradora desta web, a comunidade educativa do CPI do Feal quere dar unha agarimosa benvida a Adela, e felicitar a toda a súa familia por este importante acontecemento.

Libro de visitas 2008

O Libro de visitas xeral desta web comezou a funcionar no último trimestre de 2008. Aquí quedarán gardadas tódalas mensaxes publicadas neste primeiro ano do Libro, aínda que hai comentarios de 2008 en moitos outros artigos que abriran esta posibilidade.

Enquisa sobre as cores do Feal

O Feal amarelo e bermello

O Feal amarelo e marrón

O Feal amarelo e verde

O Feal en marróns

O Feal en verdes

O Feal en azuis

15/10/2008

Xa podes consultar os resultados definitivos da enquisa do café, onde só un 27% dos participantes amosaron estar contentos. Tal vez se poida falar coa nova empresa para axustar mellor a máquina ou os ingredientes, e se non melloran...

E agora seguimos incordiando dende a web do Feal. Nesta ocasión, poñemos sobre a mesa unha das decisións máis polémicas dos últimos anos no noso centro: as cores do Feal. Esperamos que nesta enquisa haxa moita máis participación que na do café, posto que sobre a pintura xa poderían opinar centos de persoas. Para ilustrar este artigo, xa vedes que estivemos xogando un pouco co ordenador, pero a enquisa é sobre as cores actuais.

Seguiremos cavilando para caldear o ambiente do centro, e lembra que o que O Feal vota... VAI A MISA!!

Aclaracións:

  • O noso sistema só permite un voto anónimo dende cada ordenador.
  • De novo podes facer comentarios ademais de votar.

PARTICIPA NA ENQUISA

Que che parece a pintura exterior actual do Feal?

Unha obra mestra do arte contemporáneo
9% (2 votos)
Ben
39% (9 votos)
Que queres que che diga
17% (4 votos)
Mal
0% (0 votos)
Unha horterada verbenera
35% (8 votos)
Total de votos: 23

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido