Saltar navegación.
Inicio

Fealidades

Cousas do Feal

Libro de visitas 2012

Aquí quedarán gardadas tódalas mensaxes publicadas no quinto ano do Libro.

Libro de visitas 2011

Aquí quedarán gardadas tódalas mensaxes publicadas no cuarto ano do Libro, aínda que hai comentarios de 2011 en moitos outros artigos que abriran esta posibilidade.

O novo comedor e o novo aparcadoiro

Comedor do Feal

15/09/2010

O novo curso do Feal trae moitas novidades, pero estas dúas son as que primeiro entran polos ollos cando chegas ao centro:

As obras do comedor xa están rematadas, co mobiliario dentro e coa empresa de catering contratada. A falta de certos trámites administrativos, a súa posta en marcha podería ser cuestión de días.

Respecto ao novo aparcadoiro, xa fora estreado timidamente a finais do curso pasado, pero agora luce unha enorme rede de protección que dificulta a visión do mellor recuncho verde do Feal. Todo sexa pola seguridade dos bólidos do profesorado.

Aparcadoiro do Feal

Benvido!

Victoria e David

10/06/2010

O noso profe de Educación Física, Víctor Novo, xa ten a parelliña: despois de Victoria, agora chega o seu fillo David Xiao. Unha aperta para a nai e o pai e a nosa benvida para a criatura!

A feira de Moeche de 2010

Roberto

Roberto Rodríguez

02/05/2010

Falamos cun pouco de retraso da feira de Moeche de 2010 (coma sempre en 23 de abril) porque os últimos días había moita información e hai que repartir os protagonismos. Por unha parte, adiantamos que Roberto Rodríguez de 3º de ESO - A (na foto superior) publicará un artigo sobre esta feira no próximo número de A Tribo. Ademais, Sergio Díaz de 4º de ESO - C gravou un pequeno vídeo da feira deste ano co seu móbil e aparece máis abaixo. O xinete que pasa en segundo lugar é o pai dun alumno do Feal que non necesita presentación: Brandon Freire...

Comunicado de As Amigas de Trotsky

Como grupo clandestino e antisistema de referencia internacional, non podemos comprender como é posible que unha das nosas compañeiras máis destacadas estea a piques de formalizar a súa relación de parella. Sen embargo, tendo en conta os incalculables servizos da mesma á nosa causa, o noso colectivo acorda -de xeito unánime e asambleario- desexarlle o mellor a MTR no seu novo ciclo vital.

Para sempre unidas na loita, As Amigas de Trotsky.

 

Narón, a 30 de abril de 2010.

Seguimos con benvidas

26/04/2010

A semana pasada comezamos con despedidas de profesorado moi especial, pero rematamos coa benvida aos "irlandeses" e hoxe seguimos coa benvida a Emil, o primeiro fillo da nosa querida secretaria Maite Núñez, que naceu o pasado domingo. Felicidades para toda a familia!!

Maite: agardamos por iso que prometiches ;-)

Esa Dolores!!

Dolores

Ángel Carrera, 20/04/2010

Ultimamente non damos feito na web do Feal. Agora chéganos a confirmación de que Mª Dolores Vizoso, que leva nove anos dirixindo o centro, trasládase ao IES Concepción Arenal de Ferrol. Eu persoalmente teño moito que agradecerlle, pero penso que tod@s coincidiremos en que tanto tempo dirixindo un centro tan complicado é un traballo impagable. Grazas Dolores!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido