Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión
Pequena homenaxe á primeira liña sanitaria
08/04/2020
Para que a nosa páxina principal non estea chea de información administrativa durante este tempo, achegamos unha pequena banda deseñada por un profe de Educación Física (Julio Zanfaño), que fai unha pequena homenaxe ao persoal sanitario.
2º de ESO na II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
26/02/2020
O pasado 18 de febreiro, Álex, Claudia, Hugo, Paula e Raúl (de 2º de ESO do Feal), participaron na II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. Nela tiveron que mostrar os seus dotes como enxeñeir@s superando diferentes probas: construción (arco de dovelas), estruturas (ponte Da Vinci), hidráulica (presa-dique), gráfica (crebacabezas), transporte de mercancías e proxecto asistido por ordenador. Grazas polo voso esforzo e entusiasmo!
Agasallos de 2º de ESO para Infantil de 4 anos
20/02/2020
Algunhas destas alumnas de 2º de ESO xa pasaran pola aula de Infantil de 4 anos coa profe Vanesa, cando tiñan esa idade. Agora, depois de elaborar xoguetes de madeira na materia de Tecnoloxía, volveron por alí para deixar o seu traballo como agasallo.
Alba, Catuxa e Uxía fixeron un espectacular aparcadoiro onde non falta detalle, mentres que Andrea, Claudia e Yaiza fixeron un bonito xogo de pesca. O resto de 2º de ESO aínda segue traballando nos seus proxectos, e se hai máis que queden así de ben, tamén poderían chegar a Infantil. Grazas chicas!!
Natalia Carou no Feal
02/02/2020
O pasado 21 de xaneiro, tivemos a visita da escritora Natalia Carou, que deu unha charla sobre a súa obra para o noso alumnado de 3º de ESO. Moitas grazas, Natalia!
Quasimodo
23/01/2020
O alumnado de Francés de 3º e 4º de ESO asistiu hoxe (no colexio Santa Xoana de Lestonnac), á adaptación en francés da obra “Notre Dame de Paris”, de Víctor Hugo.
Da man dos actores da compañía BHM Producións, viaxamos ata o París do século XV para rememorar a desgraciada historia de Quasimodo e Esmeralda, que quedou para sempre ligada á famosa catedral parisina.
Grazas un ano máis a BHM por achegarnos á literatura francesa dun xeito divertido. Vémonos o próximo curso!
Exposición de instrumentos musicais prehistóricos
11/12/2019
Estes días temos unha exposición de instrumentos musicais prehistóricos na nova biblioteca de Infantil e Primaria. Estes instrumentos (de percusión e vento) foron elaborados polo noso alumnado de 3º de ESO na materia de Música, con materiais da natureza (ósos, cunchas, ramas...). Os autores/as organizarán unha visita guiada para 6º de Primaria durante a próxima semana.
Xa temos compostador
05/12/2019
Durante esta semana, un grupo de alumnos de 4º de ESO estivo construíndo un compostador no taller de Tecnoloxía, reciclando palés vellos. Este é o primeiro paso dunha iniciativa do departamento de Bioloxía, para máis adiante facer compost cos restos do noso comedor. Para esta tarefa, contamos coa axuda dun representante da Asociación EuroEume: Ángel Lorenzo. Moitas grazas a Martín, Anxo, Brais, Yerai e Ricardo polo traballo no taller, e tamén a Hely e Iago, que axudaron no transporte (ata as proximidades do noso abandonado invernadoiro).
Visita ao CIS de Ferrol
17/11/2019
O noso alumnado de 4º de ESO visitou o pasado venres o Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (de Ferrol). Alí había unha charla sobre os avances actuais da Tecnoloxía, para tratar de espertar vocacións nese campo entre as novas xeracións. A charla foi introducida polo Conselleiro de Economía.
Na foto inferior podedes ver ao poñente do CIS utilizando as ondas cerebrais de Hugo Graña para un pequeno experimento de concentración.
O alumnado de 4º de ESO ensina Música aos máis pequenos do Feal
07/11/2019
Estes días, o alumnado do 1º de Primaria e de Infantil asistiu á representación dun conto musicado (A Casa encantada de Mickey Mouse), realizada por vari@s alumn@ de 4º de ESO, na sesión de Educación Musical.
Pasámolo xenial escoitando como @s alumn@s mais maiores do cole ambientaban o conto con sons de diferentes instrumentos musicais, como as cunchas, o piano, frautas, etc...
Moi bo traballo rapaces/as!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com