Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

Calendario do curso 2023-2024 no CPI do Feal

Calendario do Feal 2023-24
Preme para ampliar o calendario

09/09/2023

Tendo en conta o calendario escolar, o laboral, e o día non lectivo escollido polo centro (20 de maio de 2024), achegamos un calendario no que se poden ver os días lectivos do curso 2023-24 no CPI do Feal (o remate das clases é o 21 de xuño).

Libros de texto curso 2023/2024

14/06/2023

Dende hoxe tedes no taboleiro de anuncios do colexio os libros de texto para o vindeiro curso.

Fondo solidario de libros e axuda para adquirir libros e material escolar

22/05/2023

Convocatoria de fondo solidario de libros (1º,2º,3º,4º de E. Primaria) e axudas para material (E. Primaria e ESO)

O prazo remata o 21 de xuño.

Pódese facer a solicitude presencialmente na secretaría do centro, o a través da aplicación de Fondo Libros, con certificado dixital ou Chave 365.

Listaxes definitivos de admisión curso 2023/2024

16/05/2023

Dende hoxe están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes definitivas de admisión para o curso 2023/2024. Tamén poden consultarse coa chave 365 ou certificado dixital na aplicación; https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Admisión alumnado curso 2023-2024

24/02/2023

  • Alumnado con reserva de praza de centros adscritos: Xa están publicadas as listaxes no taboleiro de anuncios do centro.
  • Vacantes
  • Admisión de novo alumnado para o curso 2023/2024: O prazo de presentación de solicitudes comprende do 1 ao 20 de marzo. A solicitude poderá ser presencial na secretaría do centro ou electrónica, empregando a aplicación de Admisión con certificado dixital ou Chave 365.
  • Descargar solicitude para presentar presencialmente

Aumento das prazas do comedor escolar

20/09/2022

Hoxe ao mediodía, a Consellería confirmou o aumento de prazas de comedor escolar ata 140. Mañá mércores reunirase o Consello Escolar para aprobar unha nova listaxe de 140, contando coas renuncias e as novas prazas. A nova lista estará exposta o xoves no taboleiro de anuncios do centro.

Aqueles que aínda non tendo praza de usuario, poida facer uso do servizo empregando os días que van deixando libres os usuarios lexítimos, serán avisados por teléfono.

Calendario do curso 2022-2023 no CPI do Feal

Calendario do Feal 2022-23
Preme para ampliar o calendario

07/09/2022

Tendo en conta o calendario escolar, o laboral, e o día non lectivo escollido polo centro (2 de maio de 2023), achegamos un calendario no que se poden ver os días lectivos do curso 2022-23 no CPI do Feal (o remate das clases é o 21 de xuño).

Inicio do curso 2022-2023

07/09/2022

O curso comezará mañá, 8 de setembro no horario habitual; E. Infantil e E. Primaria de 09:00 - 14:00 horas e ESO de 08:55 - 14:00 horas.  O comedor terá o seu horario habitual de 14:00 a 16:00 horas.

Nas recomendacións publicadas no portal educativo para a xestión da COVID, elimina a maioria de restricións, polo que o funcionamento do centro en canto a entradas e saídas, recreos, agrupamentos etc, será o previo a pandemia. Recordamos algunha das normas máis importantes:

Entradas e saídas

  • E. Infantil: entrarán pola porta principal do centro e farán fila no corredor interior custodiados polos mestres de garda. A saída será igualmente pola porta principal sobre as 13:50 para ser recollidos  polas familias ou coidadores de transporte.
  • E. Primaria: entrarán pola porta principal do centro e farán filas no patio cuberto custodiados polos mestres de garda. A saída será igualmente pola porta principal.
  • ESO: Entrarán ao tocar o timbre pola porta principal, facendo a saída polo mesmo lugar.

COMEDOR ESCOLAR: Ante a falta de confirmación por parte da Consellería do aumento de prazas, comezaremos coas 125 que temos adxudicadas. Podedes consultar a listaxe de comensais por día. Lembro que debemos de ser responsables, e avisar dos días que se vai facer uso do servizo, para así poder optimizar as prazas e que poidan facer uso das mesmas o maior número posible de familias.

USO DE MÁSCARA: A máscara seguirá vixente no transporte escolar e nos casos con síntomas compatibles coa COVID.

Solicitudes para o servizo de comedor

04/07/2023

Dende hoxe 4 de xullo ata o venres 14 de xullo está aberto o prazo para solicitar o servizo de comedor escolar. (Na secretaría do centro de 10:00 - 13:00 horas)

Os criterios para baremar as solicitudes como establece a lexislación son:

  1. Usuarios lexítimos do curso anterior (os 140 primeiros da listaxe do curso pasado)
  2. Usuarios lexítimos de transporte escolar.
  3. Ter un/unha Irmán ou irmá matriculados no centro e ser usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude. (novidade no baremo)                      

  4. Alumnado en situación de exclusión social ou con discapacidade. (demostrado documentalmente)
  5. Alumnado de familias numerosas. (demostrado documentalmente)
  6. Incompatibilidade laboral de ambos proxenitores co horario de de saída do centro educativo. (demostrado documentalmente)
  7. Outro alumnado do centro.
  8. Persoal docente e non docente.

Notas importantes:

  • Solicitade unicamente os días que necesitedes, para poder optimizar o servizo.
  • Haberá que avisar antes das 09:15 os días que non se use. Do contrario poderá ser cobrado o servizo.
  • Haberá que usar a lo menos un día ao mes, cada un dos días concedidos. O non cumprimento é causa de perda do dereito.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido