Orientación
O novo blog do departamento de Orientación
11/10/2017
O alumnado da ESO ten esta nova ferramenta do Departamento de Orientación para pensar no seu futuro:
Guías orientativas sobre FP Básica e FP de Grao Medio
20/01/2021
Achegamos as seguintes guías en pdf sobre a Formación Profesional:
Charla para o alumnado de 4º de ESO sobre opcións do CIFP Ferrolterra e o IES Terra de Trasancos
14/01/2021
Esta mañá, recibimos a visita de Enrique Pazo (director do CIFP Ferrolterra) e Jéssica Fernández (orientadora do IES Terra de Trasancos). Ambos estiveron informando ao noso alumnado de 4º de ESO sobre diversas opcións dos seus centros.
Charla das FAS
16/10/2019
Esta mañá visitaron o noso centro dous suboficiais da Infantería de Mariña, para dar unha charla ao alumnado de 4º ESO sobre a importancia das Forzas Armadas na defensa do país.
Explicaron aspectos relacionados coa organización e tarefas de cada un dos sectores que abrangue este corpo e orientaron aos rapaces sobre as diferentes opcións de estudio que poden cursar se nun futuro queren entrar no mundo militar.
Fóra de xogo
27/03/2019
Non falamos de fútbol. Referímonos a unhas charlas organizadas polo Concello de Narón para a prevención da ludopatía en menores. Tiveron lugar onte e hoxe cos nosos grupos de 3º e 4º de ESO.
4º de ESO no Campus de Ferrol
18/03/2019
Continúa a xira de inverno de 4º de ESO polos centros educativos de Ferrolterra. Neste caso, deixamos un recordo da súa parada na área universitaria, o pasado 15 de marzo.
Visita de 4º de ESO ao IES Leixa e o CIFP Ferrolterra
28/02/2019
No álbum de 2019 que ten o Departamento de Orientación na nosa Galería, deixamos imaxes da visita que o alumnado de 4º de ESO fixo esta mañá ao IES Leixa e o CIFP Ferrolterra.
Visita de 4º de ESO ao IES de Trasancos
28/01/2019
O pasado 24 de xaneiro, o noso alumnado de 4° de ESO visitou o IES de Trasancos, para consideralo na continuación dos seus estudos. Deixamos aquí algunhas imaxes fixas e en vídeo enviadas por Nieves Cortizas. No vídeo, podedes ver unha actividade conxunta do alumnado de ambos centros na aula de Música, e na foto que enlaza á Galería... o ben que trataron á nosa xente
Charla sobre os perigos das novas tecnoloxías para 5º e 6º de Primaria
02/11/2018
O pasado 19 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha charla sobre as novas tecnoloxías (dentro do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade), impartida por un membro da Polícia Nacional e organizada polo departamento de Orientación.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
