Saltar navegación.
Inicio

Orientación

4º de ESO no Campus de Ferrol

Campus de Ferrol 

18/03/2019

Continúa a xira de inverno de 4º de ESO polos centros educativos de Ferrolterra. Neste caso, deixamos un recordo da súa parada na área universitaria, o pasado 15 de marzo.

Visita de 4º de ESO ao IES Leixa e o CIFP Ferrolterra

CIFP Ferrolterra

28/02/2019

No álbum de 2019 que ten o Departamento de Orientación na nosa Galería, deixamos imaxes da visita que o alumnado de 4º de ESO fixo esta mañá ao IES Leixa e o CIFP Ferrolterra.

Visita de 4º de ESO ao IES de Trasancos

28/01/2019

O pasado 24 de xaneiro, o noso alumnado de 4° de ESO visitou o IES de Trasancos, para consideralo na continuación dos seus estudos. Deixamos aquí algunhas imaxes fixas e en vídeo enviadas por Nieves Cortizas. No vídeo, podedes ver unha actividade conxunta do alumnado de ambos centros na aula de Música, e na foto que enlaza á Galería... o ben que trataron á nosa xente Guiño

IES de Trasancos - 24/01/2019Fai clic para ver máis fotos

Charla sobre os perigos das novas tecnoloxías para 5º e 6º de Primaria

5º e 6º de EP - 2018

02/11/2018

O pasado 19 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha charla sobre as novas tecnoloxías (dentro do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade), impartida por un membro da Polícia Nacional e organizada polo departamento de Orientación.

Visita de 4º de ESO aos campus de Esteiro e Serantes

CampusFai clic para ampliar a foto

28/05/2018

Continúa a xira triunfal de 4º de ESO polos centros educativos da bisbarra (neste caso universitarios).

Visita ao IES de Leixa do alumnado de 4º de ESO

Leixa 2018Fai clic para ampliar a foto

16/04/2018

O noso alumnado de 4º de ESO segue de xira polos centros educativos da comarca grazas á súa astuta manager Clara Goás, e como vedes, ás veces atopan fans que gozan facéndose un selfie con eles.

Leixa 2018Fai clic para ampliar a foto

Visita de 4º de ESO ao IES Terra de Trasancos

IES de Trasancos 1/2/2018Fai clic para ampliar a foto

05/02/2018

Pilar Sánchez envíanos imaxes da visita de 4º de ESO ao IES Terra de Trasancos o pasado 1 de febreiro. Alí, o noso alumnado puido coñecer a oferta educativa dos nosos veciños.

IES de Trasancos 1/2/2018Fai clic para ampliar a foto

Charla sobre a seguridade en Internet

Charla policial

05/04/2017

O pasado xoves 30 de marzo, o noso alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO asistiu a unha charla sobre os perigos de Internet (organizada polo Departamento de Orientación, e enmarcada no Plan Director de Seguridade). Un representante da Policía Nacional explicou diversos conceptos informáticos (IP, troiano, virus, memoria caché, cookies...) e os perigos de certas aplicacións ou redes sociais, como por exemplo Instagram.

Visita de 4º de ESO ao Campus de Ferrol

Campus de Ferrol

Fai clic para ampliar a foto

04/03/2016

Deixamos aquí unha foto de boa parte da fantástica Promoción 2016 do Feal, durante a súa recente visita ao Campus de Ferrol.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido