Actividades

AVISOS PARA 2º DE BACH

CALENDARIO:

DÍA 15 DE XUÑO ENTREGA DE NOTAS A LAS 19:00

DÍA 15 DE XUÑO: REVISIÓN DE EXAMES A CONTINUACIÓN.

DÍA 16 DE XUÑO: PUBLICACIÓN DE NOTAS EN ABALAR.

DÍA 20 DE XUÑO: MATRÍCULA PARA ABAU ATA AS 14:00

DÍA 20 E 21 DE XUÑO: RECLAMACIÓNS. A INSTANCIA DE RECLAMACIÓN PODERÁ ENVIARSE POR CORREO ELECTRÓNICO AO CORREO DO CENTRO ENTRE O DÍA 16 E O 20 DE MAIO,  PARA QUE O DÍA 20 SE POIDA RESOLVER A RECLAMACIÓN

PODEDES RECOLLER O IMPRESO NA SECRETARÍA DO CENTRO.

Listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2024-25


Listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2024-25


Están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2024-2025.

Información -- Becas MEC 2024-2025


BECAS MEC 2024-2025


PODEN SOLICITALA:

-       Primer e segundo curso de bacharelato

-       Formación profesional de grado medio e grado superior

-       Ensinanzas artísticas profesionais e superiores

-       Ensinanzas religiosas superiores

-       Ensinos deportivos

-       Estudios de idiomas en escolas oficiais

-       Cursos de acceso y preparacións para probas de FP e Ciclos

-       Ensino universitario: grado, máster…

-       Ciclos Formativos de Grado Básico

-       Ensinanzas universitarias do sistema universitario español

 

Prazo: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h. ata o  10 de maio de 2024 ás 15:00 h (horas peninsulares).

 

Solicitudes:

A solicitude deberase cumprimentar mediante formulario accesible por vía telemática a través da SEDE Electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes: https://sede.educación.gob.es

Para máis información: https://www.becaseducacion.gob.es

Acreditación dixital para alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato

A Xunta vén de publicar a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Na seguinte ligazón atópase o modelo de solicitude de inscrición nas probas específicas para acreditación das competencias dixitais do alumnado (4º ESO e 2º Bacharelato). A solicitude de inscrición poderá presentarse na Secretaría do centro ou enviala escaneada á dirección de correo electrónico do centro, ies.terra.trasancos@edu.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 8 de marzo ás 13:00.

FASE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS

 

PRAZAS VACANTES A 28 DE FEBREIRO DO 2024 NO IES TERRA DE TRASANCOS:
1º ESO: 11

2º ESO: 17

3º ESO: 0

4º ESO: O

1º BACH CIENCIAS: 5

1º BACH HUMANIDADES: 6

2º BACH CIENCIAS: 13

2º BACH HUMANIDADES: 5

Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis no centro(modelo na parte esquerda da páxina)  ten que estar solicitado no primeiro lugar de preferencia.

Ou  Poden facer a admisión entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

DATAS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES :1-20 de marzo.

1. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.

2. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

3. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

4. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

5. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

6 Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

7. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano: No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.

 

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que 3/3 imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

Pódense consultar no buscador de centros da páxina edu.xunta.es https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do 

AXUDAS para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024. 

O período de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (https://www.edu.xunta.gal/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

 

CONSULTAS

Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal

Atención telefónica:

881997426-881997419  - 981957537 - 981540287 

 

APERTURA PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/25 PARA CENTROS ADSCRITOS

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN(A GÁNDARA, ATIOS, JORGE JUAN E SANTIAGO APÓSTOL)

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación:

www.edu.xunta.gal/admisión alumnado.

As familias tm poderás cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle- procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.

1. Usuarios sen identificar

Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

 

 2. Usuarios identificados

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CENTRO PARA O CURSO 2024-25

O centro organiza unhas Xornadas de Portas abertas para familias e alumnado cos seguintes días e horarios:

Prégase unha única persoa por familia.

 

-1º ESO COLEXIO ADSCRITO DA GÁNDARA:31 DE XANEIRO(MÉRCORES-). HORA: 16:30


-ALUMNADO QUE VEÑA PARA 1º ESO DE COLEXIOS NON ADSCRITOS: 31 DE XANEIRO(MÉRCORES). HORA: 17:30


-ALUMNADO QUE QUEIRA VIR AO CENTRO PARA 1º DE BACH DE CENTROS ADSCRITOS E NON ADSCRITOS: 1 DE FEBREIRO (XOVES). HORA:16:30

Exames de materias pendentes de ESO e Bacharelato en novembro de 2023

Nesta ligazón atópase o calendario de exames de novembro para as materias pendentes na ESO e no Bacharelato. As probas terán lugar do 6 ao 10 novembro de 2023.

INFORMACIÓN DO CENTRO. AGOSTO E SETEMBRO

Durante o mes de agosto o noso persoal disfrutará das súas correspondentes vacacións.

Para avisos moi urxentes ou envío de documentación que non poida agardar a setembro  poden contactar no noso correo:

ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

Para matrículas ou documentación que non lles fora posible traer no mes de xullo non se preocupen, informarlles que o 1 de setembro voltaremos co noso horario habitual de secretaría ás 8:30 e xa poderán tramitar todo.

Durante os primeiros días do mes de setembro, tamén enviaremos por abalar as datas e horarios de inicio de curso 

Un saúdo e felices vacacións!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer