INSTRUCIÓNS PARA O REXISTRO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN. CURSO 2022/2023
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 ata o 21 de marzo.
As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos. Poden escribir ao correo do centro.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación no menú:Solicitudes > Admisión > Crear
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
Se o presentan no centro educativo poden descargar o impreso pinchando neste enlace:
As vacantes xa están publicadas e son as seguintes:
Para 1º da ESO: Quedan 15 prazas vacantes
Para 2º da ESO Quedan 2 prazas vacantes
Para 3º da ESO: Non hai vacantes
Para 4º da ESO: Quedan 3 prazas vacantes
Para 1º de Bacharelato de Ciencias:Quedan 21 prazas vacantes
Para 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais: Quedan 19 prazas vacantes
Para 2º de Bacharelato de Ciencias: Quedan 11 prazas vacantes
Para 2º de Bacharelato de Humanidade e Ciencias Sociais: Quedan 16 prazas vacantes
Están publicadas as listas de admitidas/os de 1º de ESO e 1º de Bach no taboleiro do centro e na aplicación Admisión alumnado.
Todo o alumnado solicitante foi admitido.
As vacantes xa están publicadas e son as seguintes:
Para 1º da ESO: Quedan 15 prazas vacantes
Para 2º da ESO Quedan 2 prazas vacantes
Para 3º da ESO: Non hai vacantes
Para 4º da ESO: Quedan 3 prazas vacantes
Para 1º de Bacharelato de Ciencias:Quedan 21 prazas vacantes
Para 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais: Quedan 19 prazas vacantes
Para 2º de Bacharelato de Ciencias: Quedan 11 prazas vacantes
Para 2º de Bacharelato de Humanidade e Ciencias Sociais: Quedan 16 prazas vacantes
Entre o días 11 de xaneiro e 8 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2022-2023 para alumnado que curse 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, e que vaia vir facer 1º de ESO no noso centro, e para alumnado dos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol, para vir estudar 1º de Bacharelato.
ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS
Neste enlace tedes toda a información relativa ás eleccións
O día das votacións será o día 22 de novembro de 16:30 a 18:30
A dirección
Estes son o Calendario de Exames de Pendentes e o Plan de Recuperación de Materias Pendentes para o alumnado da ESO e Bacharelato no presente curso 2021/22.
Prezadas familias, deixamos varios enlaces cos calendarios das avaliacións e dos horarios de titoría de pais, e atención a pais que temos todo o profesorado.
Respecto ao calendario de avaliacións, o da última avaliación aínda é provisional, porque estamos agardando instruccións da Inspección Educativa sobre a avaliación final ordinaria e extraordinaria, así como información da CIUG relativa ao calendario de 2ºBacharelato que aínda non chegaron, pero vale para que se fagan unha idea.
Manterémolos informados en canto saibamos algo.
CALENDARIO DE AVALIACIÓNS(PINCHA NO ENLACE)
HORARIO DO PROFESORADO DE ATENCIÓN A PAIS
Importante familias.
Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).
O día 10 de maio precederemos a publicar no taboleiro do centro, a listaxe definitiva do alumnado de nova incorporación ao centro que resultou admitido para o curso 2021/22.
Sobre finais de maio publicaremos datas de matrícula e días de recollida de sobres de matrícula. Permanezan atentos a esta páxina web.
Un saúdo
A dirección
Queridas familias e alumnado maior de idade:
Para evitar riscos na curva para os rapaces que chegan ao Bica e Arrinca ou que veñen andando, a partir de mañá, poderán cruzar o paso de cebra e entrar pola verxa vermella do aparcamiento de profesores.
Está solicitada unha acera ao Concello pero levará o seu tempo porque teñen aínda que enviarnos o proxecto para poder solicitala á Xunta.
As notas da 2ª avaliación publicaranse o venres día 26 de marzo PARA TODOS OS CURSOS, ás
11:00 h, no Espazo Abalar. Se algunha nai/ pai/titor legal ten dificultades para acceder á información, poderá solicitar o boletín por correo electrónico ao enderezo do centro:
ies.terra.trasancos@edu.xunta.es antes do día 24 de marzo ás 16:00 h.
Agardamos que pasedes unhas moi felices vacacións, cuidade a saúde para poder rematar o curso en condicións.
Unha aperta!
A dirección
O prazo de admisión vai do: 1-22 de marzo
Instruccións:
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer