Actividades

RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNOS ADSCRITOS AO CENTRO. CURSO 2022-23

 Entre o días 11 de xaneiro e 8 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2022-2023 para alumnado que curse 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, e que vaia vir facer 1º de ESO no noso centro, e para alumnado dos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol, para vir estudar 1º de Bacharelato.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) co impreso que adxuntamos neste ENLACE e presentalo no centro educativo de orixe, ou, poden facer a solicitude a través da aplicación admisionalumnado no menú:
 
 Solicitudes – Reserva – Crear
 
Para facelo pola SEDE ELECTRÓNICA, se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
 
Prazo de solicitudes: Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
 
 IMPORTANTE: O alumnado que desexe matricularse no novo BACH XERAL deberá cumprimentar ESTA INSTANCIA(PINCHAR NO ENLACE)
 
 IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE ESTÁ CURSANDO ESTUDOS NO NOSO CENTRO NON TEN QUE FACER NINGÚN TIPO DE SOLICITUDE DE PRAZA

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer