Actividades

Admisión de Alumnado

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS NOSOS CENTROS ADSCRITOS

Os nosos centros adscritos son: A Gándara, Santiago Apostol, Jorge Juan e CPI de ATIOS. PRAZO: 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN.

CURSO 2023/2024

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non. 

Solicitude de Admisión para centros non adscritos

Picando nesta ligazón pode acceder ao impreso correspondente e imprimilo e cumprimentalo a man ou, se o prefire, encher os datos na web e imprimilo xa cumprimentado. Non olvide que neste último caso non poderá gardar o resultado.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer