Actividades

Secretaría

Acreditación dixital para alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato

A Xunta vén de publicar a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Na seguinte ligazón atópase o modelo de solicitude de inscrición nas probas específicas para acreditación das competencias dixitais do alumnado (4º ESO e 2º Bacharelato). A solicitude de inscrición poderá presentarse na Secretaría do centro ou enviala escaneada á dirección de correo electrónico do centro, ies.terra.trasancos@edu.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 8 de marzo ás 13:00.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

CURSO 2023-34

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos.

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023

Procedemento administrativo:     ED330B

  PRAZOS
Presentación de solicitudes do alumnado de EP, ESO e EE no centro escolar ou mediante a sede electrónica, procedemento ED3308 Ata o 21/06/2023
Presentación de solicitudes do alumnado que repita 4º ESO ou que non obteña praza en FP Básica e que non solicitara no prazo anterior Un mes desde a matrícula
Devolución dos libros do curso 2022/2023 Ata o 21/06/2023
Publicación de listas provisionais Ata o 12/07/2023
Reclamación listas provisionais 2 días seguintes a publicación
Publicación listas Definitivas Ata o 26/07/2023

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice a aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica.  NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo.
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.


Documentación complementaria: Artigo 11 da Orde de convocatoria.
NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa). [artigo 12 da Orde de convocatoria]
A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS NOSOS CENTROS ADSCRITOS

Os nosos centros adscritos son: A Gándara, Santiago Apostol, Jorge Juan e CPI de ATIOS. PRAZO: 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN.

CURSO 2023/2024

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non. 

Admisión alumnado

Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis no centro (modelo na parte esquerda da páxina)  ten que estar solicitado no primeiro lugar de preferencia.

Ou poden facer a admisión entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web admisionalumnado.

 

DATAS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES :1-20 de marzo.

1. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.

2. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

3. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

4. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

5. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

6 Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

7. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano: No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.

 

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que 3/3 imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

Pódense consultar no buscador de centros da páxina edu.xunta.es.

Solicitude de Admisión para centros non adscritos

Picando nesta ligazón pode acceder ao impreso correspondente e imprimilo e cumprimentalo a man ou, se o prefire, encher os datos na web e imprimilo xa cumprimentado. Non olvide que neste último caso non poderá gardar o resultado.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer