Actividades

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS.HOMENAXE A CARBALLO CALERO.

AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTE DIVERTIDO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

CELEBRAREMOS UN CUMPREANOS DIFERENTE!!!!

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

INFORMACIÓN TERCEIRO TRIMESTRE

Estimadas familias:

Na resolución do 27 de abril que sacou a Consellería díctanse instruccións para o terceiro trimestre, nestas instruccións o máis salientable é:

-O curso rematará o día 19 de xuño. Non hai por tanto modificacións neste senso excepto o que corresponde a 2º de Bacharelato. Neste caso a avaliación será antes do 9 de xuño e as probas están previstas para xullo. Ademais haberá convocatoria de setembro.

-As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a distancia e as presenciais que puidesen levarse a cabo, segundo evolucione a situación sanitaria. Neste senso, como saben, non hai nada aínda que apunte a un regreso ás aulas e deberemos  agardar as instruccións oficiais

-Durante o terceiro trimestre fixaranse "actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do  alumnado"

-Farase unha revisión das programacións da diferentes materias para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia.

Tamén apareceran nas programacións o tratamento das materias pendentes doutros cursos.

Ademais cada profesor informará persoalmente ao alumnado dos aspectos da programación que lle poidan afectar ou das tarefas que teñan que facer para recuperar.

Esta revisión das programacións  contamos tela colgada nesta páxina web o próximo día 12 de maio. 

-Comentar, por último, que non vai haber aprobado xeral e que hai alumnado que permanece descolgado de todas as materias, non se conecta, non entrega as tarefas e non se pon en contacto cos seus profesores. Lembrarlles que todo o profesorado do centro estableceu canles de comunicación co alumnado, que existe un calendario de videoconferencias e que tamén vanse facer titorías virtuais coa alumnado.

O profesorado e a Dirección do centro estamos facendo un gran esforzo para coordinarnos  e facer o mellor para o noso alumnado nesta situación anormal, non obstante para calqueira dúbida ou cuestion que lles podamos resolver ou axudar poden escribir ao correo do centro.

 

Un saúdo

A Dirección

 

HORARIOS DE VIDEOCONFERENCIAS

Estimadas familias:

O alumnado vai seguir traballando neste terceiro trimestre polas canles habituales que estableza o seu profesorado, non obstante, algúns profesores programan clases ou resolución de dúbidas por videoconferencia e é por isto que fixemos este horario para que saiban as conexións dos seus fillos/as.

Un saúdo e ánimo!

 

HORARIO VIDEOCONFERENCIAS

INFORMACIÓN REPARTO DE ORDENADORES DA CONSELLERÍA

Estimadas familias:

 

A Consellería vainos dotar de tres ordenadores con wifi. Para poder optar a estas axudas deberán facer unha solicitude ao centro a través do correo electrónico do centro onde conste: o nome do alumno, o curso e as razóns polas que o solicita.

Terase en conta:

1.Terán preferencia, por esta orde, o alumnado de 2º de FP Básica, de 2º de Bacharelato e de 4º de ESO e, a continuación, alumnado doutros cursos.

2. O aproveitamento xeral do curso

3. A situación económica, que deberá acreditarse documentalmente (valorarase persoas desempregadas e situacións similares)

 

O prazo de solicitude abranguerá dende o día 3 de abril ata o día 7 de abril.

Unha vez concedida a axuda comunicarémoslles o día e a forma de recollida.

 

 A Dirección

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS 2ª AVALIACIÓN

Estimadas familias:

O pasado venres, 27 de marzo, recibimos as instruccións da Consellería de adaptar esta avaliación aos tempos do Estado de Alarma e para realizar a 2ª avaliación antes do día 3 de abril, polo que esta semana procederemos a realizar a avaliación correspondente.

Aplicaranse na mesma os contidos e instrumentos de avaliación que foron traballados e aplicados ata o día 12 de marzo.

Publicaranse na web as aclaracións feitas por cada Departamento, se foran necesarias. Lembrarlles que os exames non son o único instrumento de avaliación

As notas publicaranse o día 3 de abril entre as 14,00-14,30.Poderán acceder a elas mediante a plataforma ABALAR (Abalar móbil ou Espazo Abalar)

Cando vaiamos sabendo máis novas da Consellería sobre como se vai desenvolver a 3ª Avaliación farémolo saber ás familias a través da páxina web.

Lembrarlles que para calqueira dúbida sobre a publicación das cualificacións poden contactar co centro no correo: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es, para outras cuestións relacionadas co Departamento de Orientación no correo:orientaciontrasancos@gmail.com ou co profesorado por medio de Abalar.

Un saúdo, ánimo, forza e paciencia!!

A Dirección

 

 

INFORMACIÓN APLICACIÓNS DE UTILIDADE PARA AS FAMILIAS

 

Adxunto unhas aplicacións que lles poden ser de utilidade. Lembren que o profesorado estamos colgando prácticamente  todo na AULA VIRTUAL (pinchen no enlace de AULA VIRTUAL PARA VER AS INSTRUCCIÓNS DE NOVO os que teñan dúbidas)

OUTRAS APLICACIÓNS INTERESANTES(PINCHEN EN CADA UNHA PARA ENTRAR)

I LOVE PDF: Esta aplicación permitiralles pasar documentos de PDF a WORD

CANVA: Permite facer presentacións, insertar vídeos, diseñar pósters, e desenvolver a creatividade. Require rexistro.

EDUCAPLAY: Con un montón de recursos educativos  divertidos clasificados por cursos y materias.

 

Agardamos lles sexan útiles para pasar estes días de confinamento.

Moito ánimo!

 

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO. AMPLIACIÓN PRAZO.

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 Métodos de presentación PARA FAMILIAS NO PUNTO 1: preme aquí

 Documentación para presentar: preme aquí

 Impresos: solicitude anexo II e anexo II bis: preme aquí

 

ACCESO Ó PROCEDEMENTO (SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA)

 

INFORMACIÓN DO CENTRO DURANTE OS DÍAS DE ESTADO DE ALARMA

DURANTE O PERÍODO INICIAL DICTAMINADO POLO GOBERNO QUE VAI DENDE O 16 DE MARZO ATA NOVO AVISO, ESTE CENTRO TRABALLARÁ DE FORMA TELEMÁTICA.

OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS ESTÁN SUSPENDIDOS POR ORDE DO GOBERNO, OS PRAZOS DOS MESMOS REANUDARANSE CANDO AS AUTORIDADES ASÍ O DETERMINEN.

PARA COMUNICACIÓNS URXENTES ESTAMOS Á SÚA DISPOSICIÓN NA DIRECCIÓN:

ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

PARA PROBLEMAS QUE NON PODAN SOLUCIONAR POLO CORREO CHAMEN AO TELÉFONO DO INSTITUTO:881939159 DE 10,00 A 13,00 DE LUNS A VENRES

LEMBREN QUE OS DÍAS 19 E 20 DE MARZO SON FESTIVOS DO CENTRO

TAMÉN LEMBREN QUE NON PODEMOS ENTREGAR NINGÚN PAPEL DE FORMA PRESENCIAL, AÍNDA QUE SÍ POR CORREO ELECTRÓNICO.

A DIRECCIÓN

INFORMACIÓN FAMILIAS E ALUMNADO. TRABALLO DURANTE OS DÍAS DE PECHE

Estimadas familias:

O profesorado do centro está xa a traballar na elaboración de materiais didácticos para garantir a atención do alumnado e a continuidade do seu proceso de aprendizaxe.

1.A INFORMACIÓN do centro ás familias será transmitida a través da páxina web do centro e da Plataforma ABALAR. É moi importante para as familias ter habilitada esta ferramenta ABALAR.

 PINCHANDO NESTE ENLACE ATOPARÁN A INFORMACIÓN DE ABALAR MÓBIL

PINCHANDO NESTE ENLACE ATOPARÁN A INFORMACIÓN PARA FAMILIAS DE ABALAR

2. As plataformas didácticas que utilizaremos son: A Aula Virtual e outras habilitadas polo profesorado do centro para o contacto co alumnado e que poden ir dende a comunicación a través do correo electrónico ou do uso doutras plataformas como Edmodo, etc... ou as que o alumnado acordara utilizar co profesorado.

A partir do luns o profesorado vai traballar no seu horario habitual de forma telemática, e desa forma e a través destas plataformas será a comunicación co alumnado que terá que ir realizando as tarefas que se vaian subindo.

Se tiveran algunha dúbida poden escribir ao correo: ies.terra. trasancos@edu.xunta.es. Intentaremos solventalas o antes posible.

3. PINCHANDO AQUÍ ATOPARÁN AS INSTRUCCIÓNS DA AULA VIRTUAL

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer