Actividades

EXAMES SETEMBRO 2019

A continuación figuran os enlaces aos exames de setembro do presente curso 2018/2019:

1º ESO

2º ESO

2º ESO PMAR

3º ESO

3º ESO PMAR

4º ESO

1º Bacharelato

1º FP Básica Electricidade e Electrónica

1º FP Básica Servizos Comerciais

 

IMPORTANTE:

Cando a un/ha alumno/a lle coincida no calendario un exame do curso actual coa pendente da mesma ou doutra materia, deberá examinarse primeiro da/s pendente/s e, a continuación, da outra materia. De non ter tempo suficiente, deberá falar co/a profesor/a para concertar hora e día no que fará o exame da materia do seu curso. No caso de non facelo así constaralle como NON PRESENTADO.

 

 

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN 2019/2020

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do día 14 de xuño publicáronse as BASES e CONVOCATORIA PÚBLICA de axudas para MATERIAL ESCOLAR Curso Académico 2019-2020 do Concello de Narón (A Coruña).

prazo para solicitar estas axudas está aberto dende o luns día 17 de xuño ata o xoves día 11 de xullo (ambos os dous inclusive). O prazo ampliouse ata o día 11 no BOP do luns día 1 de xullo de 2019.

As solicitudes están a disposición dos/das solicitantes na Sede Electrónica  e no Rexistro Xeral do Concello de Narón, dende o propio día 17 de xuño.

IMPORTANTE:

Deberá solicitar a axuda o alumnado interesado, aínda que non sepa en que curso ou centro escolar de Narón quedará definitivamente matriculado (setembro), porque o prazo de solicitude é único e improrrogable.

LIBROS DE TEXTO 2019/2020

Estos son os libros de texto do IES Terra de Trasancos para o curso 2019/2020:

  • ESO

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

  • BACHARELATO

1º Bacharelato

2º Bacharelato

  • CICLO SUPERIOR ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

1º Curso

2º Curso

 

  • CICLO MEDIC XESTIÓN ADMINISTRATIVA

1º Curso

2º Curso

 

PRAZOS DE MATRÍCULA ORDINARIA CURSO 2019/20

Informámoslles que os prazos de matrícula ordinaria para o curso 2019/20 serán os seguintes:

 

24 de xuño ata o 2 de xullo ás 13,00

CM Xestión Administrativa e CS Administración e Finanzas.

 

    27 e 28 de xuño- 1º Bacharelato

 1  de xullo- 2º Bacharelato

2 e 3 de xullo- 4º ESO

4 e 5 de xullo- 1º ESO

5 e 8 de xullo- 3º ESO

9 e 10 de xullo- 2º ESO

 

HORARIO DE OFICINA: 9:00-14:00

INSTRUCIÓNS E INFORMACIÓN ABAU

Neste enlace poderás atopar toda a información relativa ás ABAU. Se tés calqueira dúbida tamén podes consultar en Secretaría, ao Titor de 2º Bacharelato ou en Dirección.

 

PREMIO PARA TRASANCOS


A alumna Antía Calvo Díaz (3º ESO) resultou premiada no VI Concurso de Esopías que cada ano organiza a Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas.

Obtivo o premio na categoría de 2º ciclo da ESO e Bacharelato co relato Un máxico lugar.

Ademais, o IES Terra de Trasancos estivo representado polos seguintes relatos:

Ada no paraíso de Sofía García Rodríguez (4 ªESO)

Terra enmeigada de Brais Otero Balsa (2º ESO)

O bisavó de Alejandro Fernández García (1º ESO)

Un día infinito de Lara Ríos Calvo (1º ESO)
 

PARABÉNS A TODIS POLO BO TRABALLO!

 

Como será a proba ABAU 2018/2019

No DOG do 21 de febreiro publícanse as instrucción da ABAU

 

A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes denominadas: parte obrigatoria e parte voluntaria.

 

A parte obrigatoria da proba versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato:

 

abauobrigatoria

O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse de forma voluntaria dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais.

abauvoluntaria

As probas correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.

As probas:

- O alumnado realizará os exercicios da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade nos lugares que determine a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).
- Farase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación. Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas.
- Os exercicios adecuaranse ao currículo do bacharelato, e versarán sobre as materias do segundo curso.
- Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes, entre as cales os e as estudantes deberán elixir unha.
- Para a realización dos exercicios, o alumnado poderá empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Galega e Literatura II e Primeira e Segunda Lingua Estranxeira II deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.
- Cada unha das probas da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de 90 minutos. Establecerase un descanso entre probas consecutivas de, como mínimo, 30 minutos.
- A avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de tres días.
- Preferentemente, as probas contextualizaranse en contornos próximos á vida do alumnado: situacións persoais, familiares, escolares e sociais, ademais de contornos científicos e humanísticos.
- Cada unha das probas conterá preguntas abertas e semiabertas que requirirán do alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. Ademais destes tipos de preguntas, poderanse utilizar tamén preguntas de opción múltiple, sempre que en cada unha das probas a puntuación asignada ao total de preguntas abertas e semiabertas alcance, como mínimo, o 50 %:

1. De opción múltiple: preguntas cunha soa resposta correcta inequívoca e que non exixen construción por parte do alumno ou da alumna, xa que este/a se limitará a elixir unha de entre as opcións propostas.
2. Semiabertas: preguntas con resposta correcta inequívoca e que exixen construción por parte do alumno ou da alumna. Esta construción será breve, por exemplo un número que dea resposta a un problema matemático, ou unha palabra que complete unha frase ou dea resposta a unha cuestión sempre que non se facilite unha lista de posibles respostas.
3. Abertas: preguntas que exixen construción por parte do alumno ou da alumna e que non teñen unha soa resposta correcta inequívoca. Englóbanse neste tipo as producións escritas e as composicións plásticas.

Datas:
No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU):
- Xuño: mércores 12, xoves 13 e venres 14
- Xullo: mércores 10, xoves 11 e venres 12

Ponderación de materias: http://ciug.gal/PDF/pond19.pdf

Exames (cursos pasados): http://ciug.gal/exames.php

Máis información:  http://ciug.gal/index.html

 

ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Podedes consultar toda a información de acceso a Ciclos Formativos Medios e superiores no seguinte enlace.

Non vos despistedes os que queirades facer un Ciclo!

VISITAS AO NOSO CENTRO

Estes días tivemos no noso centro unhas Xornadas de Acollida para alumnos dos centros de Narón. Agardo fora unha gratificante experiencia para eles e para os nosos alumnos colaboradores. 

Agardámolos cos brazos abertos en setembro.

Terra de Trasancos. Máis que un Instituto. Unha gran familia.

FELICITAMOS O NADAL

Música: Xabier Díaz e ADUFEIRAS DE SALITRE. ALBÚM "The tambourine man"

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer