O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior comenzará o 10 de febreiro e finalizará o 19 de febreiro de 2020.
Todas as solicitudes deberán de facerse a través da aplicación informática Ciclosprobas, que para a convocatoria 2020 estará dispoñible desde o día 10 de febreiro.
O alumnado que desexe inscribirse terá á súa disposición un ordenador e unha impresora no centro para facela.
Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso aos ciclos formativos poderá consultarse dentro da pestana “Probas” do menú da páxina web: http://www.edu.xunta.es/fp
Novidades da convocatoria 2020:
Entre o días 1 e 17 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2020-21 para alumnos que cursen 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, para vir facer 1º de ESO ou os dos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol, para vir estudar 1º de Bacharelato.
O resto do alumnado que queira matricularse no noso centro e que non cursen estudos nun centro adscrito, terán aberto entre os días 1 e 20 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web)ou ben facelo a través da aplicación admisiónalumnado.
Estimadas familias:
Neste enlace atoparedes as novas funcionalidades de abalarMóbil
Onte, mércores día 6 de novembro, publicouse a listaxe definitiva de centros educativos cuxos proxectos foron seleccionados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para participar no Programa de Rutas Científicas, Artísticas e Literarias con inmersión lingüística en inglés.
O IES Terra de Trasancos está entre eles, e un grupo de 23 alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO, acompañados dos profesores de Inglés do centro, Fernando García Casal e Beatriz Fernández Mourente, van visitar lugares de interés e realizar actividades educativas de diferentes campos temáticos en distintos puntos de Andalucía Occidental e Extremadura, entre os días 24 e 30 de novembro. A lingua empregada vai ser prioritariamente o inglés.
O alumnado seleccionado para participar neste proxecto é o seguinte:
Ismael Caamaño Lestón
Marcos Díaz Díaz
Sara González Hermida
Vania Hernández Pérez
Manuela López Fraguela
Luna Muiño López
Emma Peña Pérez
Martín Plaza Vila
Bruno Regueira Jimánez
Lucía Ruiz Villarino
Marcos Alcolea Souto
Guillermo Pico Martín
Alicia Restrebada Rodríguez
Asier Rivera Pereira
Antía Soto Liz
Luisa López Fraguela
Lola Pita Vidal
Lara Ríos Calvo
Lucía Fraguela Vilela
Lucía Novo Varela
Lola Ráfales Ferreiro
Carla Rivera de Miguel
Noa Soto Liz
Prezadas familias:
Podedes consultar as listas das clases no taboleiro do Instituto a partir de mañá.
As listas de admisión a FP BÁSICA tamén estarán expostas nos taboleiros da entrada. Mañá, día 13, comezaremos o proceso de matrícula.
Só os alumnos matriculados poderán asistir a clase a partir do día 16 de setembro co horario habitual do centro.
O transporte Escolar funcionará tamén de forma habitual.
Ola a tod@s! Estamos a piques de comezar. Moito ánimo para este curso que comeza. Os horarios serán os seguintes:
TODOS os alumnos MATRICULADOS comezarán as clases o día 16 de setembro.
De 8,30 a 9,20 será a presentación cos titores e se entregarán normas e horarios das clases.
Ás 9,20 continuaremos a xornada de clases ata as 14,10.
As listas das clases non sairán ata o venres, ao longo da mañá.
Bo comezo!!!
Estas son as DATAS e procedementos de matrícula para FPBásica de Comercio e Electricidade:
-Recollida das solicitudes ata o día 12 ás 13:00 horas.
Os alumnos que van para segundo tamén deberán solicitado ata ese día.
-Día 13, venres, publicación da listaxe de admtidos e non admitidos.
-O alumnado admitido deberá formalizar matrícula entre o día 13 e o 20 de setembro.
-O alumnado non admitido pode presentar reclamación no centro os días 16 e 17.
Entrega de notas: venres 6 de setembro ás 10:00
Reclamacións: dende as 10:00 do día 6 de setembro ata as 10:00 do día 10 de setembro.
MATRÍCULA SETEMBRO CURSO 2019/20: Dende o día 6 ata o 10 de setembro ás 14:00
Permanencia de todo o profesorado no centro: venres 6 e luns 9 de setembro de 10:00 a 13:00
Ao longo da semana publicaremos a data e hora de inicio das clase.
Entrega de notas: venres 6 de setembro ás 10:00
Reclamacións: dende as 10:00 do día 6 de setembro ata as 10:00 do día 10 de setembro.
MATRÍCULA SETEMBRO CURSO 2019/20: Dende o día 6 ata o 10 de setembro ás 14:00
Ao longo da semana publicaremos a data e hora de inicio das clase.
Estimadas familias:
No taboleiro da porta do Instituto poderán atopar as listas provisionais cos alumnos e as paradas adxudicadas para o vindeiro curso.
Despois do 12 de setembro poderán ver as listas definitivas.
Os números das rutas adxudícanse a principio de curso, mentras non teñan o número de ruta adxudicado os alumnos deberán coller o autobús na parada solicitada e adxudicada na lista definitiva de setembro.
Se teñen calqueira dúbida poden contactar telefónicamente co centro.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer