WebTrasancos

RESERVA PRAZA PARA O CURSO 2020/21

Entre o días 1 e 17 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2020-21 para alumnos que cursen 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, para vir facer 1º de ESO ou os dos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol, para vir estudar 1º de Bacharelato.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación no menú:
 Solicitudes – Reserva – Crear
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo 
Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
Prazo de solicitudes: Do 1 ao 17 de febreiro

O resto do alumnado que queira matricularse no noso centro e que non cursen estudos nun centro adscrito, terán aberto entre os días 1 e 20 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web)ou ben facelo a través da aplicación admisiónalumnado.

 
 
.