Actividades

INFORMACIÓN TERCEIRO TRIMESTRE

Estimadas familias:

Na resolución do 27 de abril que sacou a Consellería díctanse instruccións para o terceiro trimestre, nestas instruccións o máis salientable é:

-O curso rematará o día 19 de xuño. Non hai por tanto modificacións neste senso excepto o que corresponde a 2º de Bacharelato. Neste caso a avaliación será antes do 9 de xuño e as probas están previstas para xullo. Ademais haberá convocatoria de setembro.

-As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a distancia e as presenciais que puidesen levarse a cabo, segundo evolucione a situación sanitaria. Neste senso, como saben, non hai nada aínda que apunte a un regreso ás aulas e deberemos  agardar as instruccións oficiais

-Durante o terceiro trimestre fixaranse "actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do  alumnado"

-Farase unha revisión das programacións da diferentes materias para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia.

Tamén apareceran nas programacións o tratamento das materias pendentes doutros cursos.

Ademais cada profesor informará persoalmente ao alumnado dos aspectos da programación que lle poidan afectar ou das tarefas que teñan que facer para recuperar.

Esta revisión das programacións  contamos tela colgada nesta páxina web o próximo día 12 de maio. 

-Comentar, por último, que non vai haber aprobado xeral e que hai alumnado que permanece descolgado de todas as materias, non se conecta, non entrega as tarefas e non se pon en contacto cos seus profesores. Lembrarlles que todo o profesorado do centro estableceu canles de comunicación co alumnado, que existe un calendario de videoconferencias e que tamén vanse facer titorías virtuais coa alumnado.

O profesorado e a Dirección do centro estamos facendo un gran esforzo para coordinarnos  e facer o mellor para o noso alumnado nesta situación anormal, non obstante para calqueira dúbida ou cuestion que lles podamos resolver ou axudar poden escribir ao correo do centro.

 

Un saúdo

A Dirección

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer