Actividades

ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

Entre o días 11 de xaneiro e 8 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2021-2022 para alumnado que curse 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, e que vaia vir facer 1º de ESO no noso centro, e para alumnado dos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol, para vir estudar 1º de Bacharelato.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) co impreso que adxuntamos nesteENLACE e presentalo no centro educativo de orixe, ou, poden facer a solicitude a través da aplicación admisionalumnado no menú:
 
 Solicitudes – Reserva – Crear
 
Para facelo pola SEDE ELECTRÓNICA, se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
 
Prazo de solicitudes: Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
 
 

O resto do alumnado que queira matricularse no noso centro e que non cursen estudos nun centro adscrito, terán aberto entre os días 1 e 22 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web) ou ben facelo a través da aplicación admisionalumnado.

SESIÓNS INFORMATIVAS PRESENCIAIS.  21 DE XANEIRO.

DURACIÓN 45 MINUTOS. SÓ SE ADMITIRÁ UN RESPONSABLE POR ALUMNO.

21 de xaneiro ás 16,00:Familias do alumnado de 6º A DE PRIMARIA do Colexio da Gándara.

21 de xaneiro ás 17,00: Familias do alumnado de 6º B DE PRIMARIA do Colexio da Gándara

21 de xaneiro ás 18,00: Famiias do alumnado de primaria que non esté adscrito ao centro pero que queira solicitar praza no noso centro.

21 de xaneiro ás 19,00: Familias do alumnado de Bacharelato de nova incorporción, que veña de centros adscritos ou non adscritos.

 IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE ESTÁ CURSANDO ESTUDOS NO NOSO CENTRO NON TEN QUE FACER NINGÚN TIPO DE SOLICITUDE DE PRAZA

INFORMACIÓN PARA O DÍA 22 DE DECEMBRO

Queridas familias:

Achegámonos á recta final do trimestre, polo que queremos informarlles dalgúns aspectos importantes a ter en conta para o día 22 de decembro.

As notas enviaranse por Abalar, a partir das 11,00 da mañá, iso non quere dicir que vaia ser xusto ás 11,00, pode ser algo máis tarde, polo que deben ter paciencia, non entren en pánico, non pasa nada, non van quedar sen notas, as notas estarán aí en Abalar, só terán que ter paciencia ata que consigan entrar no caso de colapso da rede, cousa que pode suceder.

Se algunha familia ten algunha dificultade, ben porque non ten ordenador ou móbil dispoñible para ese día, ben por algún motivo suficientemente importante ou grave, deberán enviar un mail ao correo do centro dende hoxe ata o día día 21 ás 12,00, informando da problemática que lles imposibilitaría recibilas por Abalar, e veremos a forma de facilitarllas, pero só o faremos en casos excepcionais e debidamente xustificados.

Por outro lado, o martes,  día 22 de decembro, pola tarde, se realizarán actividades lúdicas. Non obstante, ante algunhas preguntas das familias e alumnado, e dado  que  algúns necesitan esa tarde para viaxar ou por motivos organizativos familiares propios destas datas, tendo en conta isto, excepcionalmente, esta vez, por estes motivos, poderán xustificarse as faltas desa tarde,  pero deberán facelo por adiantado, por razóns organizativas das actividades que se poidan facer no centro, para elo deberán cubrir o xustificante que adxuntamos NESTE ENLACE e entregalo ao titor ata o luns 21 de decembro. O titor informaría ao profesorado correspondente, desta forma, as faltas dese día pola tarde quedarían xustificadas.

 

As clases reanudaranse o día 8 de xaneiro.

Aproveitamos para desexarlles unhas moi felices festas e que o ano novo traia a tranquilidade, o traballo e a saúde que tanto precisamos neste dificiles tempos que estamos a vivir.

Unha afectuosa aperta e moitas gracias pola súa colaboración.

A Dirección

CONCURSO DE PORTAS DE NADAL.CURSO 2020/21

Estimadas familias:

Este ano, con gran tristeza, non podíamos celebrar o Concurso de Portas de Nadal como facemos habitualmente, polo que se nos ocurriu que sería bonito que este curso, dado que as familias estades máis na casa, puidérades participar en conxunto. Por iso, animámosvos a participar e disfrutar xuntos neste concurso de Nadal.

PINCHANDO AQUÍ PODEREDES ATOPAR AS BASES E SE PINCHADES AQUÍ ATOPAREDES O CARTEL DO CONCURSO

Un saúdo e un abrazo familias!

 

A Directora

INFORMACIÓN REPARTO DE MÁSCARAS.XUNTA DE GALICIA

Queridas familias e alumnado:

Premendo neste ENLACE poderede atopar a información referente ao reparto de máscaras da Xunta. 

Prazo: 10 dias hábiles a contar dende o día seguinte da publicación no DOG. Comeza a contar dende o luns 16 de novembro.

Requisitos:

Artigo 6.

Alumnado exento de presentar solicitude Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Artigo 7. Presentación de solicitudes

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar. 2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

 

PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES 2020/21

 

Este é o Plan de Actividades de Seguimento, Recuperación e Avaliación de Materias Pendentes do IES Terra de Trasancos no presente curso 2020/21.

 

Asemade, este é o Calendario de Exames e Avaliación de Materias Pendentes de ESO e Bacharelato 2020/21.

 

A Xefatura de Estudos

FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA CURSO 2020/21

Por fin vai comezar a funcionar a Biblioteca. Todas as instruccións de funcionamento podedes atopalas neste enlace:

                                           BIBLIO TRASANCOS

REUNIÓNS CON FAMILIAS 1º DE ESO E 1º DE BACH

Estes son os horarios das reunións do 30 de setembro no centro. Só pode asistir un membro da familia e deben agardar que os recolla a titora/r na entrada.

1º ESO

1º  ESO A- 16,00-17,00. 
1º ESO B-16,15-17,15
1º ESO C-16,30-17,30
1º ESO D- 16,45-17,45

1º BACH

1º BACH A- 17,00-18,00
1º BACH B- 17,15-18,15

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

23, 24 e 25 de setembro nova datas para o principio de curso. 

Informaremos por correo electrónico e por abalar das datas, grupos e horas exactas pero non conten co aviso ata, como mínimo, o día 21 

Aínda pode haber cambios... 

LISTADO DE ADMITIDOS DE FP BÁSICA

O luns 14 publicarase no taboleiro do centro o listado de admitidos para 1º de FP Básica de Electricidade e 1º de Comercio. Nos cursos de 2º están todos admitidos.

En 1º de FP BÁSICA de Comercio están todos admitidos.

En 1º de FP Básica de Electricidade deberán consultar ou ben no taboleiro exterior do centro ou ben chamando ao teléfono do centro se están admitidos.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: DO 14 AO 16 DE SETEMBRO

RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS: 16 DE SETEMBRO

PRAZO DE MATRÍCULA: DO 14 AO 17 DE SETEMBRO

COMEZO DAS CLASES FP BÁSICA: Se comunicará por teléfono ao alumnado matriculado en FP Básica o día e hora do comezo das clases.

 

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E ALUMNADO

Queridas familias trasanquesas, 

Dadas as circunstancias actuais de incertidumbre, non podemos polo momento comunicar unha data exacta para iniciar o proceso de acollida no centro.

Sentimos non poder ofrecer máis información polo momento, pero todo cambia día a día. Estarán informados polo correo, pola páxina e por Abalar. 

 

Unha aperta de parte de todo o Claustro, paciencia e ánimo. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer