WebTrasancos

ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

Entre o días 11 de xaneiro e 8 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2021-2022 para alumnado que curse 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, e que vaia vir facer 1º de ESO no noso centro, e para alumnado dos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol, para vir estudar 1º de Bacharelato.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) co impreso que adxuntamos nesteENLACE e presentalo no centro educativo de orixe, ou, poden facer a solicitude a través da aplicación admisionalumnado no menú:
 
 Solicitudes – Reserva – Crear
 
Para facelo pola SEDE ELECTRÓNICA, se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
 
Prazo de solicitudes: Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
 
 

O resto do alumnado que queira matricularse no noso centro e que non cursen estudos nun centro adscrito, terán aberto entre os días 1 e 22 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web) ou ben facelo a través da aplicación admisionalumnado.

SESIÓNS INFORMATIVAS PRESENCIAIS.  21 DE XANEIRO.

DURACIÓN 45 MINUTOS. SÓ SE ADMITIRÁ UN RESPONSABLE POR ALUMNO.

21 de xaneiro ás 16,00:Familias do alumnado de 6º A DE PRIMARIA do Colexio da Gándara.

21 de xaneiro ás 17,00: Familias do alumnado de 6º B DE PRIMARIA do Colexio da Gándara

21 de xaneiro ás 18,00: Famiias do alumnado de primaria que non esté adscrito ao centro pero que queira solicitar praza no noso centro.

21 de xaneiro ás 19,00: Familias do alumnado de Bacharelato de nova incorporción, que veña de centros adscritos ou non adscritos.

 IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE ESTÁ CURSANDO ESTUDOS NO NOSO CENTRO NON TEN QUE FACER NINGÚN TIPO DE SOLICITUDE DE PRAZA