Actividades

 

PRAZO ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS

O prazo de admisión vai do: 1-22 de marzo

Instruccións:

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica

  2. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer