Lingua Galega
Obradoiro de Regueifas en 1º de ESO
19/02/2023
Os pasados 14 e 15 de febreiro, o alumnado de 1º de ESO participou nun Obradoiro de Regueifas impartido por Lupe Blanco. Achegamos un pequeno vídeo de baixa resolución.
Natalia Carou no Feal
02/02/2020
O pasado 21 de xaneiro, tivemos a visita da escritora Natalia Carou, que deu unha charla sobre a súa obra para o noso alumnado de 3º de ESO. Moitas grazas, Natalia!
Visita do escritor Héctor Cajaraville
29/05/2019
O pasado xoves 25 de abril, o noso alumnado de 3º e 2º da ESO recibiu a visita do escritor Héctor Cajaraville, para falar do libro que leron ao longo destes últimos meses: “A caixiña dos rancores”.
Visita do escritor Abraham Carreiro
29/05/2019
O pasado 27 de marzo, o alumnado de 1º da ESO, despois de ler “Xoeliki, Os ordenadores secuestrados”, participou nunha charla - coloquio con Abraham Carreiro.
Ademais de gozar cos seus debuxos, o autor deleitounos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.
Obradoiro de regueifas
29/05/2019
O 20 e o 21 de marzo, o alumnado de 1º da ESO asistiu a un obradoiro de regueifas impartido pola regueifeira Lupe Blanco.
Club de debate
21/01/2016
Un grupo formado por sete rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO vén de iniciar a súa andaina participando nunha nova edición do Club de Debate, un proxecto colaborativo promovido polos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos. O noso centro vai representar en solitario ao concello de Narón, competindo nunha primeira fase con centros de Ferrol e de Carballo. Poderemos manternos ao día do desenvolvemento desta iniciativa, a través da súa páxina de facebook.
Moitos ánimos a Israel, Lara, Gabriel, Paula, Tania, Rebeca e Estefanía!
Visita da escritora Andrea Maceiras
10/03/2014
Este luns, a petición do Departamento de Lingua Galega, Andrea Maceiras deu unha charla no noso centro aos alumnos de 2º de ESO. A súa visita débese a que estes alumnos escolleron como lectura obrigatoria o seu libro, Violeta Tamurana. Pareceunos interesante a súa visita non só porque podería explicar moi ben o proceso de creación da obra, senón tamén porque cremos que pode animar a todos os rapaces que teñan afección á lectura a escribir os seus propios textos, debido á xuventude e cercanía xeracional entre a escritora e o noso alumnado.
Despois das explicacións da escritora, os rapaces tiveron a oportunidade de facer preguntas ás que amablemente Andrea Maceiras respondeu e tamén foron moitos os que a ela se achegaron para que lles asinase o libro.
Moitas grazas, Andrea!!!
Lecturas para 1º e 2º de ESO. Curso 2013-2014
1º ESO
- As vacacións máxicas de John Liberty, Xoán Babarro e Ana Mª Fernández, Ed. Alfaguara-Obradoiro.
- Cartas de inverno. Novela gráfica , Antonio Seijas. Ed. Xerais.
- Pel de lobo, Xosé Miranda, Ed. Xerais.
2º ESO
- ¡Maldito DNI!, Pepe Carballude, Ed. Xerais.
- Violeta tamurana, Andrea Maceiras, Baía Ed.
- Tristes armas, Marina Mayoral, Ed. Xerais.
Mostra de teatro
16/11/2011
Un ano máis gozamos dunha xornada teatral no Auditorio e no Pazo da Cultura grazas á Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.
Os alumnos de Secundaria viron O Lazariño de Tormes do Teatro do Morcego e Trogloditas de Tanxarina.
Algúns de Primaria asistiron á representación de Teatro do Morcego coa obra O gato manchado e a andoriña señá.
E aínda falta algunha obra máis. Esperemos que lles gusten!
Visitando Santiago (3º e 4º ESO)
Á volta de Semana Santa, fomos de excursión cos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega á Cidade da Cultura, ao Museo do Pobo Galego e á casa-museo de Rosalía en Padrón. Tivemos un día fabuloso e saíron unhas fotos ben chulas!
Aquí tedes un vídeo elaborado con elas por Ángel Soto de 4ºA.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
