Lingua Galega
Lecturas para 1º e 2º de ESO. Curso 2013-2014
1º ESO
- As vacacións máxicas de John Liberty, Xoán Babarro e Ana Mª Fernández, Ed. Alfaguara-Obradoiro.
- Cartas de inverno. Novela gráfica , Antonio Seijas. Ed. Xerais.
- Pel de lobo, Xosé Miranda, Ed. Xerais.
2º ESO
- ¡Maldito DNI!, Pepe Carballude, Ed. Xerais.
- Violeta tamurana, Andrea Maceiras, Baía Ed.
- Tristes armas, Marina Mayoral, Ed. Xerais.
Mostra de teatro
16/11/2011
Un ano máis gozamos dunha xornada teatral no Auditorio e no Pazo da Cultura grazas á Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.
Os alumnos de Secundaria viron O Lazariño de Tormes do Teatro do Morcego e Trogloditas de Tanxarina.
Algúns de Primaria asistiron á representación de Teatro do Morcego coa obra O gato manchado e a andoriña señá.
E aínda falta algunha obra máis. Esperemos que lles gusten!
Visitando Santiago (3º e 4º ESO)
Á volta de Semana Santa, fomos de excursión cos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega á Cidade da Cultura, ao Museo do Pobo Galego e á casa-museo de Rosalía en Padrón. Tivemos un día fabuloso e saíron unhas fotos ben chulas!
Aquí tedes un vídeo elaborado con elas por Ángel Soto de 4ºA.
Cándido Pazó no Feal
14/05/2009 No marco da celebración do Día das Letras Galegas (este ano dedicado a Ramón Piñeiro), o Departamento de lingua e literatura galegas en colaboración con Normalización Lingüística, trouxemos ao noso centro ao contador de historias Cándido Pazó. Este cómico vigués é coñecido polo seu traballo como autor teatral, director de escena, narrador oral e actor. |
Igualdade de dereitos para o galego
María Anca, 27/04/2009
A Mesa pola Normalización Lingüística propón na súa páxina o envío de adhesións particulares solicitando ao novo goberno que non incumpra a lexislación con respecto á nosa lingua e manteña a defensa da oficialidade do galego.
Podedes atopar información en:
Lecturas propostas para 4º de ESO
Curso 2015-2016
- Reencontro, Fred Uhlman, Ed. Galaxia.
- A música dos seres vivos, María Reimóndez, Ed. Xerais
- O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas, Ed. Xerais.
- O porco de pé, Vicente Risco, Ed. Galaxia.
- Europa express, Andrea Maceiras, Ed. Xerais.
- Agosto do 36, Manuel Fdz. Ferreiro, Ed. Xerais.
- Os vellos non deben de namorarse, A.Rdz.Castelao, Ed. Galaxia.
- Unha estrela no vento, Ledicia Costas, Ed. Xerais.
- O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas, Ed. Xerais.
- Rúa Carbón, Marilar Aleixandre, Ed. Xerais.
- A cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre, Ed. Xerais.
- As luces de setembro, Carlos Ruíz Zafón, Ed. Rodeira.
- O can dos Baskerville, Arthur Conan Doyle, Ed. Xerais.
- Chamando ás portas do ceo, Jordi Sierra i Fabra, Ed. Rodeira.
- O diario da outra maniática, Ann McPherson e Aidan Macfarlane, Ed. Xerais.
- Todos somos, Marcos Calveiro, Ed. Xerais.
- A praia dos afogados, Domingo Villar, Ed. Xerais.
- O espírito do cabaleiro, Cornelia Funke, Ed. Xerais.
- Sete caveiras, Elena Gallego Abad, Ed. Xerais.
- O neno do pixama a raias, John Boyne, Ed. Factoría K.
Lecturas propostas para 3º de ESO
Curso 2015-2016
- Vapor , Tobery, Lea, Ed. Xerais.
- Europa express, Maceiras, Andrea, Ed. Xerais.
- O pintor do sombreiro de malvas, Calveiro, Marcos,, Ed. Xerais.
- Todo vai ir ben, Gómez Xurxo, S., Ed. Xerais.
- A neve interminable, Agustín Fdz. Paz, Ed.Xerais.
- O faro de Arealonga, Casal, Uxía, Ed. Xerais.
- Aire negro, Fernández Paz, Agustín, Ed. Xerais.
- A fractura do miocardio, Fansten, J. , Ed. Xerais.
- Dragal (I,II,III,IV), Elena Gallego Abad, Ed.Xerais.
- A ovella negra, Alapont, P. , Ed. Rodeira-Edebé.
- A banda sen futuro, Aleixandre, M., Ed. Xerais.
- A tripulación do pánico, Hernández, Pau Joan, Ed. Rodeira.
- Vento galerno, Yáñez Casal, Antonio, Ed. Xerais.
- Alfagann é Flanagan, Martín, A.-Ribera, J., Ed. Xerais.
- Recinto gris, Ledicia Costas, J.D., Ed. Xerais.
- Diario cruzado de Xoán e Xohana, Magalhães-Alçada, Ed. Alfaguara.
- Poderosa, Sergio Klein, Ed. Xerais.
- Diario vermello de Flanagan, Ribera, Jaume, Ed. Galaxia
- As lágrimas de Shiva, Mallorquí, C., Ed. Rodeira.
- Tristes armas, Marina Mayoral, Ed. Xerais.
- Quen matou a Inmaculada de Silva , Mayoral, M, Ed. Xerais.
- O contador de estrelas, Jaureguízar, Ed. Obradoiro- Santillana.
Teatro para 3º e 4º de ESO
15/11/2008
Os alumnos de 3º e 4º ESO acudiron onte ao auditorio de Narón para asistir á representación de Bicos con lingua, da compañía ceense Talía.
Esta obra foi estreada en 2003 e o seu director é Avelino González. Interpretada por Artur Trillo e Toño Casais, esta montaxe recibiu o premio María Casares ao mellor actor (Artur Trillo) e ao mellor texto orixinal, que foi elaborado polos escritores Avelino González, Suso de Toro, Cándido Pazó, Xabier Lema, Manuel Núñez Singala, Ana Iglesias e Marta Etxebarría. O obxectivo da peza é ofrecer ao espectador unha experiencia de redescubrimento da lingua galega.
Xa temos algún comentario do alumnado:
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com