Saltar navegación.
Inicio

Primaria, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria

Dous pitóns no Feal

11/03/2014

O pasado 7 de marzo, o alumnado de 1º A de Primaria (xunto co seu titor Felipe Vila) tivo unha visita especial: dous pitóns!

Nesa clase, están traballando cos animais salvaxes, e resulta que os pais da nosa alumna Alba Iglesias Caso tiveron dous pitóns, que agora pertencen ao seu amigo Jorge. Os tres viñeron a explicar como se alimentan, como matan ás súas presas, como se moven, que hai que facer cando atopamos unha serpe...

Os rapaces puideron tocar os pitóns porque non son velenosos e os donos suxeitáronos en todo momento. Foi unha experiencia inesquecible!

O tren de postais do Feal

O tren de postais do Feal

04/12/2013

Non deixedes de visitar o noso fantástico tren de postais de Nadal, situado no corredor que leva ao edificio de Infantil e Primaria.

Concursos de debuxo en Primaria

Debuxos de Nadal

11/12/2013

Nas imaxes podedes ver debuxos feitos polo noso alumnado de Primaria para dous concursos:

  • O 2º Ciclo de Primaria participa no III Concurso Infantil de Debuxo do Nadal, organizado polo Motoclub Fojeteiros (en colaboración co Concello e Comercio de Narón).
  • O 3º Ciclo de Primaria participa no Concurso de Debuxo Infantil "Os nosos portos", organizado pola Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao, e cunha temática relacionada co mar e os portos.

Os nosos portos

Día Internacional da Infancia

Día da Infancia 2013

20/11/2013

Na imaxe podemos ver ao noso alumnado de 2º de Primaria, que hoxe elaborou un mural sobre os Dereitos d@s Nen@s, para celebrar o Día Internacional da Infancia.

Visita de 2º de Primaria á Sociedade Galega de Historia Natural

Sociedade Galega de Historia Natural

Fai clic para ver máis fotos

14/11/2013

Susana Santalla envíanos imaxes da visita de 2º de Primaria á Sociedade Galega de Historia Natural (en Ferrol), que tivo lugar o pasado 8 de novembro.

Esfolla 2013

Esfolla 2013

13/11/2013

Nova presentación de José Manuel Timiraos: nesta ocasión sobre as actividades sobre a Esfolla en 6º de Primaria.

Excursión a Sotavento de 6º de Primaria

Sotavento 2013

21/10/2013

José Manuel Timiraos elaborou unha nova presentación. Neste caso, da visita que 6º de Primaria fixo (o pasado venres) ao Parque Eólico Experimental de Sotavento.

Visita á Granxa Escola Belelle

Belelle 2013Fai clic para ver máis fotos

11/06/2013

A pasada semana, o noso alumnado de 4º de Primaria visitou a Granxa Escola Belelle (Neda) acompañado polos seus titores. Deixamos un pequeno resumo fotográfico da actividade na nosa Galería.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido