Saltar navegación.
Inicio

Dous pitóns no Feal

11/03/2014

O pasado 7 de marzo, o alumnado de 1º A de Primaria (xunto co seu titor Felipe Vila) tivo unha visita especial: dous pitóns!

Nesa clase, están traballando cos animais salvaxes, e resulta que os pais da nosa alumna Alba Iglesias Caso tiveron dous pitóns, que agora pertencen ao seu amigo Jorge. Os tres viñeron a explicar como se alimentan, como matan ás súas presas, como se moven, que hai que facer cando atopamos unha serpe...

Os rapaces puideron tocar os pitóns porque non son velenosos e os donos suxeitáronos en todo momento. Foi unha experiencia inesquecible!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com