Saltar navegación.
Inicio

Primaria, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria

Participación dunha alumna de 6ºA no ESTALMAT

Iria Fernández Fernández

11/06/2013

O pasado sábado 8 de xuño a alumna de 6ºA, Iria Fernández Fernández, participou no Proxecto para o Estímulo do Talento en Matemáticas (ESTALMAT).

Esperemos que sexa preseleccionada nesta proba e así poida participar nas seguintes actividades do proxecto.

Moita sorte, Iria!!

Semifinais de baloncesto 3x3

Baloncesto 3x3 2013

10/06/2013

Xa temos os equipos que xogarán as semifinais do torneo de baloncesto. Moita sorte a todos!

  • Martes 11 de xuño: Saltarines - Monster
  • Xoves 13 de xuño: Sarandongas - Aguias

Visita ao Museo da Natureza e Aquaciencia

5º de Primaria no Parque Raíña Sofía

Fai clic para ver máis fotos

01/05/2013

O pasado 25 de abril, o alumnado de 5º de Primaria achegouse a Ferrol con Ana Belén Martínez e José Manuel Timiraos para visitar o Museo da Natureza e Aquaciencia. Deixamos algunhas imaxes da saída na nosa Galería.

Miradas matemáticas no Feal

Feal fotomático

29/04/2013

José Manuel Timiraos envíanos esta bonita presentación na que o alumnado de 5º de Primaria fai un safari fotográfico polo Feal, cazando imaxes matemáticas. Curiosamente, a música de Coldplay tamén estará presente no noso próximo Festival Fin de Curso, aínda que con outra canción... e ata aquí podemos ler.

Obradoiro de prensa en 4º de Primaria

Francisco Varela en 4º A

Fai clic para ver máis fotos

19/04/2013

O xornalista de La Voz de Galicia Francisco Varela (con dúas fillas no noso centro) estivo esta mañá na aula de 4º de Primaria A dirixindo un pequeno obradoiro de prensa. Podedes ver máis imaxes desta actividade (xunto con outras deste ano do mesmo grupo) na nosa Galería. Moitas grazas a Francisco Varela pola colaboración co noso centro!

Cooperativismo en 4º de Primaria

Cooperativismo

17/03/2013

Temos novas fotos da aula de 4º A de Primaria na nosa Galería, neste caso de actividades de cooperativismo, aínda que hai novas fotos adicionais do mesmo grupo nos seguintes álbums:

Moitas grazas a María Manso polo novo material... e perdón polo retraso na publicación!

Os pitiños do Feal

 

24/02/2013

Na aula de 2º B de Primaria (a titoría de Rebeca) está sucedendo algo moi especial: están nacendo pitiños! No vídeo, hai imaxes do día no que naceu o primeiro, e de dous días despois (xa con cinco pitiños). Grazas a Alejandro (o pai da nosa alumna Sara Flores) por cedernos a incubadora.

As nais do noso alumnado tamén ensinan no Feal

Nais na biblioteca

20/02/2013

Estes días, os nenos e nenas de 1º de Primaria están asistindo a unhas interesantes charlas, nas que algunhas das súas propias nais contan o seu traballo diario en diferentes ámbitos. Moitas grazas por colaborar co centro dun xeito tan bonito!

Nais na biblioteca

Montaxe de 5º de Primaria para o Día da Paz

Día da Paz 2013

30/01/2013

Deixamos aquí a montaxe elaborada por José Manuel Timiraos, con alumnos de 5º de Primaria, para o Día da Paz de 2013.

Presentacións dos grupos de 5º de Primaria 2012/13

5º A de Primaria 2012/13

14/01/2013

Aquí tedes dúas novas presentacións feitas por José Manuel Timiraos, neste caso con imaxes dos grupos de 5º de Primaria.

5º B de Primaria (decembro de 2012)

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido