Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

Clausura da exposición sobre Exipto

Clausura da exposición de Exipto
Fai clic para ver máis fotos

10/05/2010

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, visitaron esta mañá a nosa  biblioteca de Infantil e Primaria para clausurar a exposición sobre Exipto. Ademais, entregaron numerosos títulos de exiptólog@ entre o noso alumnado.

A biblioteca exipcia do Feal

Biblioteca exipcia
Fai clic para ver máis fotos

15/03/2010

Un ano más, quedamos impresionados coa transformación da Biblioteca de Infantil e Primaria. Exipto fora xa o tema escollido na festa do Entroido 2010, pero este ano a transformación bibliotecaria deixouse para un pouco máis adiante, de xeito que se puidera facer con máis calma. Por certo que unha das bibliotecas máis famosas da Historia estivo en Exipto: a de Alexandría.

Na Galería temos unha pequena mostra do que se fixo, pero o mellor e que o vexades en directo. Parabéns para toda a xente que participou: do profesorado e  do alumnado (incluíndo os/as máis pequenos/as do centro!!).

Nilo
Fai clic para ver máis fotos

A 8ª edición do Xogo das Pistas está a piques de rematar

Pistas 2009/10

Eva Mª Bouza, 20/11/2009

Como podedes comprobar pola fotografía, xa temos gañadores e gañadoras en cada unha das categorías. Dous equipos conseguiron completar todas as pistas e son os nosos flamantes campións.

Pero non vos desanimedes os que aínda non o conseguistes, o prazo non remata ata o día 30 de novembro. Os rezagados e rezagadas aínda teñen uns días para conseguir algún punto máis e optar a algún dos premios que entregaremos o día 22 de decembro no Festival de Nadal.

Seguiremos lendo nas aulas todos os días para levar a cabo o Proxecto Lector. Estamos preparando novas aventuras para o segundo trimestre.

ÁNIMO, LER É UNHA DAS MAIORES AVENTURAS QUE PODEMOS VIVIR!

 

- Equipo gañador do 2º Ciclo:

  • Raúl Hermida
  • Joel Muíño
  • Alejandro Rúa
  • Raúl Souto

- Equipo gañador de 5º:

  • Silvia Felpete
  • Andrea Ramos

 

Un novo xogo das pistas xa está en marcha

Tux - Sherlock Holmes

Eva Mª Bouza, 26/10/2009

Como comentabamos no último artigo da biblioteca de primaria, unha nova edición do Xogo das Pistas está en marcha. Neste curso decimos cambiar o concurso para o primeiro trimestre, xa que nos parecía que o alumnado estaría menos agobiado polos exames de fin de curso. Puxemos en marcha o proxecto lector do centro e esta actividade forma parte del, xunto coas Mochilas Viaxeiras do 1º ciclo de primaria. As bases do concurso son como todos os anos. Hai equipos de dous, tres e catro membros. Cada equipo ten o reto de ler dez libros, cinco en cada un dos idiomas oficiais da Comunidade: galego e castelán. Logo terán que responder a un pequeno cuestionario sobre o libro que leron.

O alumnado do segundo ciclo será atendido durante o primeiro recreo e o do terceiro ciclo durante o segundo. Tamén, como novidade este ano, nas aulas e durante a xornada escolar, cada día disporán dun pequeno tempo para ler estes libros.

Ánimo, ler é unha gran aventura, divertida e gratificante. Ademais podedes conseguir algún dos premios do concurso. Esperamos veros pola biblioteca o antes posible.

A nova mascota da Biblioteca de Primaria xa ten nome

Leilea con Alicia e Loli

Eva Mª Bouza, 05/10/2009

Como comentamos na nova anterior, COLORINES, a antigua mascota da biblioteca, marchou para China; pero deixounos un agasallo: un ovo do que naceu a súa filla.

Fixemos un concurso de ideas para atoparlle un nome e xa dimos con el. A nova mascota da biblioteca chamarase Leilea. A súa madriña é Alicia Santos Lago, alumna de 4º A. Podedes ver unha foto da feliz madriña xunto coa súa afillada.

Loli Abelleira, encargada da biblioteca de Primaria fíxolle entrega dun diploma que a acredita como madriña da nova mascota durante este curso. Para celebrar tan feliz acontecemento a nova madriña reparteu por todo o colexio (Infantil e Primaria) uns caramelos. Noraboa!

Aproveitamos tamén para comunicar que dentro de poucos días comezará unha nova edición do XOGO DAS PISTAS. Estade atentos e atentas para participar.

Nova mascota na Biblioteca de Infantil e Primaria

Mascota da Biblioteca de Primaria 2009

Eva Mª Bouza, 23/09/2009

Comezou un novo curso e como en anos anteriores, algo sucedeu na biblioteca durante o verán. A mascota que tiñamos, COLORINES, quedou soa durante as vacacións e dedicouse a facer algúns cambios. Cando chegamos en setembro descubrimos que a biblioteca estaba toda revolta e que uns pintores estaban cambiando as cores das paredes e o teito. Máis tarde, soubemos o por que. COLORINES escribiunos unha carta dende China. Marchou alí para seguir descubrindo mais cousas desa cultura milenaria. Foi invitada polo seu amigo Yang-Lin. Contounos que non pensaba volver pero que nos deixara agochado na biblioteca un ovo do que nacería o seu fillo ou filla. Contounos que mandou pintar as paredes da biblioteca de amarelo porque lle lembraba a China e o teito de azul porque lle parecía o ceo.

Descubrimos o ovo e aos poucos días naceu a nova mascota. Parécese moito a COLORINES pero ten unha fermosa melena negra. Estamos intentando atoparlle un nome. Animamos a todo o alumnado a participar na procura do nome. Depositade as vosas papeletas coas suxestións sobre o nome na urna que está na entrada de Primaria.

O xogo das pistas e pistiñas chegou ao seu fin

Pistiñas


Eva Mª Bouza, 09/06/2009

Esta é a derradeira semana para conseguir puntos no xogo das pistas e pistiñas. O venres 12 rematará o xogo. Todos aqueles grupos que todavía teñan libros, que se den prisa en rematalos para completar as pistas, e aqueles que só lles falta completar a ficha, que non o deixen para o último momento. De todos os xeitos xa hai equipos campións. Tanto no segundo ciclo como no terceiro, hai un equipo que completou o seu casilleiro de puntos. Noraboa a todos os seus membros. O mesmo sucede co primeiro ciclo que todos os equipos teñen os puntos totais. No festival do día 22 todos os gañadores recibirán o seu premio. Felicidades.

Pistas do 2º Ciclo__Pistas do 3º Ciclo

Xogo das Pistas e Pistiñas

Tux - Sherlock Holmes

Eva Mª Bouza, 27/05/2009

Xa está en marcha a 7ª edición do xogo das Pistas e Pistiñas. Os equipos xa están formados e algúns xa conseguiron varios puntos.

O xogo consiste en que cada equipo do segundo e terceiro ciclo de E. Primaria lea un total de dez libros entre todos os  seus membros. Cinco libros serán en lingua galega e cinco en lingua castelá. Unha vez lidos os libros, o membro do equipo que o lese pasará pola biblioteca (2ª ciclo no primeiro recreo,  3º ciclo no segundo recreo) para contestar unhas cuestións sobre o contido do libro (Pistas). Se o fai de xeito correcto, reportaralle un punto ao seu equipo.

O 1º ciclo de primaria xoga ás Pistiñas, o xogo é semellante pero con menos libros. A proba consiste en ordenar unhas tarxetas que resumen o contido do libro. Se o fan correctamente, tamén ese equipo consigue un punto.

O xogo terá unha duración de cinco semanas. No festival de fin de curso (22-06-09) procederase ao reparto de premios en función dos puntos conseguidos.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!, LER É DIVERTIDO E AO FINAL HABERÁ UN PREMIO.

Colorines xa está de volta

Biblioteca de Primaria achinada

Pincha na foto para ver máis imaxes

 

Eva Mª Bouza, 16/02/2009

A mascota da biblioteca de E. infantil e Primaria, Colorines, por fin chegou de China. Hoxe día 16 de febreiro recibimos a última carta. Cóntanos que xa está na biblioteca e que podemos pasar a visistala.

En primeiro lugar, hai paneis informativos sobre a xeografía e sobre a escritura que é moi complicada. Escriben con pinceis e tinta e é de tipo ideográfico. Logo aparecen paneis onde falan dos produtos típicos: a seda e a Rota da seda, a soia, o té, o arroz, e as mandarinas. Veñen a continuación dous paneis sobre o oso panda e o can chow chow, animais orixinarios de China. Máis adiante falan da arquitectura, da Cidade Prohibida e da Gran Muralla. Tamén hai unha pequena reprodución en cartón da muralla.

Hai logo paneis dedicados ao ano novo chinés, aos signos do zodiaco e a mediciña chinesa. Hai outro coa figura do dragón, animal portador de boa sorte. Un recuncho adicado á relixión cun pequeno altar de Buda. A continuación, veñen os inventos chineses: o ábaco, o tangran, a cometa, a brúxula, a pólvora, a pasta e a sombrilla. Un gong como representación dos instrumentos típicos de China, un quipao (traxe típico chinés) e diversas curiosidades.

Hai dúas mesas, unha dedicada á porcelana e outra ao papel, un dos grandes inventos chineses. Como podedes comprobar hai moitísimas cousas interesantes, ademais dun montón de libros que falan sobre China ou nos contan historias relaciondas con ese lexendario país. Ademais, diante da porta de entrada hai un gran dragón ceremonial que ao principio daba medo, pero que agora que sabemos que é portador de boa sorte estamos encantados de telo con nós.

Non o dubidedes e pasade a facernos unha visita. Estaremos dende o 16 ata o día 20, aínda que tal vez esteamos uns días máis despois do Entroido.

Colorines chega ao seu destino

Colorines en China

Eva Mª Bouza, 12/02/2009

A mascota da biblioteca de Infantil e Primaria, Colorines, enviou hoxe unha nova carta. Onte, día 11 de febreiro chegou por fin ao seu destino: CHINA. Ao pouco de chegar xa fixo un amigo, o seu nome é Yang Lin e só sabemos del que é branco e negro e moi peludo, e tamén que só come bambú. Prometeunos que o traerá no seu regreso para que o coñezamos e para que el nos coñeza a nós. Estamos desexando saber quen é.

Por outro lado, contounos que está na capital, que se chama Pekín. Alí foron visitar "A cidade Prohibida", que  era onde vivían os antiguos mandatarios de China, os emperadores. Tamén foron visitar "A Gran Muralla" que é enorme, mide varios miles de Km.

Está aprendendo moitas cousas do seu país de orixe: que é enorme e que nel viven máis de mil millóns de persoas. É o país máis poboado do planeta. Que hai grandes ríos, desertos e mesetas altísimas como o Tibet. Cóntanos que de China son moitas das cousas que habitualmente empregamos aquí e que cando regrese ensinaranos todo o que aprendeu.

Estamos desexando que volva para que nos siga contado cousas.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido