Saltar navegación.
Inicio

Colorines xa está de volta

Biblioteca de Primaria achinada

Pincha na foto para ver máis imaxes

 

Eva Mª Bouza, 16/02/2009

A mascota da biblioteca de E. infantil e Primaria, Colorines, por fin chegou de China. Hoxe día 16 de febreiro recibimos a última carta. Cóntanos que xa está na biblioteca e que podemos pasar a visistala.

En primeiro lugar, hai paneis informativos sobre a xeografía e sobre a escritura que é moi complicada. Escriben con pinceis e tinta e é de tipo ideográfico. Logo aparecen paneis onde falan dos produtos típicos: a seda e a Rota da seda, a soia, o té, o arroz, e as mandarinas. Veñen a continuación dous paneis sobre o oso panda e o can chow chow, animais orixinarios de China. Máis adiante falan da arquitectura, da Cidade Prohibida e da Gran Muralla. Tamén hai unha pequena reprodución en cartón da muralla.

Hai logo paneis dedicados ao ano novo chinés, aos signos do zodiaco e a mediciña chinesa. Hai outro coa figura do dragón, animal portador de boa sorte. Un recuncho adicado á relixión cun pequeno altar de Buda. A continuación, veñen os inventos chineses: o ábaco, o tangran, a cometa, a brúxula, a pólvora, a pasta e a sombrilla. Un gong como representación dos instrumentos típicos de China, un quipao (traxe típico chinés) e diversas curiosidades.

Hai dúas mesas, unha dedicada á porcelana e outra ao papel, un dos grandes inventos chineses. Como podedes comprobar hai moitísimas cousas interesantes, ademais dun montón de libros que falan sobre China ou nos contan historias relaciondas con ese lexendario país. Ademais, diante da porta de entrada hai un gran dragón ceremonial que ao principio daba medo, pero que agora que sabemos que é portador de boa sorte estamos encantados de telo con nós.

Non o dubidedes e pasade a facernos unha visita. Estaremos dende o 16 ata o día 20, aínda que tal vez esteamos uns días máis despois do Entroido.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com