Saltar navegación.
Inicio

Xogo das Pistas e Pistiñas

Tux - Sherlock Holmes

Eva Mª Bouza, 27/05/2009

Xa está en marcha a 7ª edición do xogo das Pistas e Pistiñas. Os equipos xa están formados e algúns xa conseguiron varios puntos.

O xogo consiste en que cada equipo do segundo e terceiro ciclo de E. Primaria lea un total de dez libros entre todos os  seus membros. Cinco libros serán en lingua galega e cinco en lingua castelá. Unha vez lidos os libros, o membro do equipo que o lese pasará pola biblioteca (2ª ciclo no primeiro recreo,  3º ciclo no segundo recreo) para contestar unhas cuestións sobre o contido do libro (Pistas). Se o fai de xeito correcto, reportaralle un punto ao seu equipo.

O 1º ciclo de primaria xoga ás Pistiñas, o xogo é semellante pero con menos libros. A proba consiste en ordenar unhas tarxetas que resumen o contido do libro. Se o fan correctamente, tamén ese equipo consigue un punto.

O xogo terá unha duración de cinco semanas. No festival de fin de curso (22-06-09) procederase ao reparto de premios en función dos puntos conseguidos.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!, LER É DIVERTIDO E AO FINAL HABERÁ UN PREMIO.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com