Saltar navegación.
Inicio

Colorines chega ao seu destino

Colorines en China

Eva Mª Bouza, 12/02/2009

A mascota da biblioteca de Infantil e Primaria, Colorines, enviou hoxe unha nova carta. Onte, día 11 de febreiro chegou por fin ao seu destino: CHINA. Ao pouco de chegar xa fixo un amigo, o seu nome é Yang Lin e só sabemos del que é branco e negro e moi peludo, e tamén que só come bambú. Prometeunos que o traerá no seu regreso para que o coñezamos e para que el nos coñeza a nós. Estamos desexando saber quen é.

Por outro lado, contounos que está na capital, que se chama Pekín. Alí foron visitar "A cidade Prohibida", que  era onde vivían os antiguos mandatarios de China, os emperadores. Tamén foron visitar "A Gran Muralla" que é enorme, mide varios miles de Km.

Está aprendendo moitas cousas do seu país de orixe: que é enorme e que nel viven máis de mil millóns de persoas. É o país máis poboado do planeta. Que hai grandes ríos, desertos e mesetas altísimas como o Tibet. Cóntanos que de China son moitas das cousas que habitualmente empregamos aquí e que cando regrese ensinaranos todo o que aprendeu.

Estamos desexando que volva para que nos siga contado cousas.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com