Saltar navegación.
Inicio

Artes Plásticas, Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física, Física e Química, Francés, Inglés, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Relixión, Secundaria, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

Panxoliñas tubulares

 

30/12/2020

Moi boas! Os últimos días do primeiro trimestre, o alumnado de 4º de ESO coa materia de Música gravou dúas cancións de Nadal. Como podedes ver, están interpretadas con boomwackers (uns tubos de plástico que están afinados coas notas musicais). Aquí tedes os vídeos (grazas a Ángel Carrera por cedernos a súa cámara).

Desexámosvos unhas felices festas, e coma sempre... que a música vos acompañe! Collede forzas que nos vemos á volta!

Alba Alonso

Regala reciclando... e coidado co azucre

Regala ReciclandoPreme para ver máis agasallos reciclados

21/12/2020

Publicamos imaxes de dúas novas actividades do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía:

  • A primeira chamouse Os erres do Nadal: Regala Reciclando, e foi realizada polo alumnado de 1º de ESO A, que elaborou diversos agasallos con material reciclado.
  • A segunda chamouse Sabes o que tomas?, e foi unha exposición elaborada polo alumnado de 4º de ESO, sobre os efectos na saúde das bebidas azucradas (aínda podes vela na entrada do noso centro).

Bebidas azucradas

Novos vídeos de 4º de ESO na materia de Música

07/12/2020

O pasado 22 de novembro, celebrouse a festividade de Santa Cecilia (patroa dos músicos). Na clase de música, festexámolo interpretando dúas pequenas pezas musicais (non podería ser doutro xeito!). Deixámosvos aquí os vídeos que fixemos na materia de Música en 4º de ESO.

Experimentos en 1º de ESO B

Experimentos de 1º de ESO

07/12/2020

O alumnado de 1º de ESO B, realizou uns pequenos experimentos da materia de Bioloxía e Xeoloxía na súa casa, coa finalidade de comprender mellor os procesos físico-químicos que se explican na aula. Nos documentos que achegamos, algúns d@s alum@s explican o seu traballo.

Traballos de Bioloxía e Xeoloxía en 1º de ESO D

1º de ESO D
01/12/2020

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º de ESO D realizou unhas pequenas investigacións sobre diversos temas relacionados co ámbito da Xeoloxía. Para a súa exposición na aula, utilizaron murais e maquetas que podedes ver nun novo álbum da nosa Galería.

A familia Addams no Feal

01/11/2020

Chegou Halloween! Este ano dun xeito un pouco distinto, xa que non o celebraremos como nos gustaría. Mais siempre nos queda a música, así que collede un vaso de plástico e a gozar!

Moitas grazas ao alumnado de música de 4º de ESO, que como podedes comprobar fixo un gran traballo, e ao profesor de tecnoloxía Ángel Carrera, que editou o vídeo. Bo Halloween a todo@s!"

Alba Alonso

Os efectos encadeados de 2º de ESO

07/06/2020

Deixamos aquí un resumo doutra das actividades que fixo o alumnado de Tecnoloxía de 2º de ESO en casa durante o peche do centro. Trátase de máquinas de efectos encadeados, nas que tiña que haber polo menos cinco activacións automáticas diferentes e tres retardos intermedios, para pasar dos quince segundos. Algúns dos vídeos quedaron fóra do resumo, a petición dos autores/as ou debido á baixa resolución. Un millón de grazas a toda a xente que participou neste novo reto!

¡Por fin el encuentro!

22/05/2020

Gran parte do alumnado de Lingua Castela de 2º ESO segue a traballar moito na súa casa durante este confinamento. Nesta ocasión propuxémoslles que creasen unha escena teatral e que despois a gravasen en audio ou vídeo. Entre os interesantes e orixinais textos que enviaron, destacamos o de Claudia Zhu Díaz Casas, que aquí amosamos. Grazas a todos por manter a ilusión nesta nova forma de aprendizaxe.

As bombillas caseiras de 2º de ESO

07/05/2020

O noso alumnado de Tecnoloxía de 2º de ESO, non está participando en  ningunha desas campañas tan modernas que usan hashtag, pero quere presentarvos un pequeno traballo caseiro que fixo durante estes días que non pisamos o taller do Feal.

Son bombillas feitas en casa con fío de grafito (minas de lapis). As comerciais duran máis, porque ademais de que o fío é doutro material (como tungsteno), non teñen oxíxeno arredor. De todas maneiras, sorprende o brillo dalgunhas delas (sobre todo cando se usa unha batería en lugar de pilas).

Tivemos que descartar varios  vídeos por diversas razóns: orientación vertical, baixa resolución... Ademais, recortamos varios dos escollidos para que a montaxe non fose demasiado repetitiva.

A última das aportacións é diferente: un semáforo que fixo Nora con Arduino, porque non tiña en casa o material necesario para a bombilla (un problema que tivo bastante máis xente, claro).

Moitísimas grazas a todo o alumnado que participou neste pequeno reto caseiro e voluntario (contade con outro proximamente!).

YouTube bloquea algúns dos nosos vídeos


24/04/2020

Despois de varios anos sen problemas no noso canal de YouTube, Google ten agora bloqueados polo menos os seguintes vídeos: a Despedida da Promoción 2016, a Despedida da Promoción 2015 e O espello secreto, a causa dos dereitos de autor das cancións (de Coldplay nos dous primeiros casos e de Roy Orbison no terceiro). Deixaremos os arquivos orixinais destas gravacións en Google Drive temporalmente por se alguén desexa descargalos. Non é posible subilos aos servidores da Consellería de Educación sen baixar a calidade da imaxe (hai un límite no tamaño de arquivo). Lamentamos esta actitude das editoriais musicais, tendo en conta que non facemos ningún negocio cos nosos vídeos.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido