Saltar navegación.
Inicio

Novos vídeos de 4º de ESO na materia de Música

07/12/2020

O pasado 22 de novembro, celebrouse a festividade de Santa Cecilia (patroa dos músicos). Na clase de música, festexámolo interpretando dúas pequenas pezas musicais (non podería ser doutro xeito!). Deixámosvos aquí os vídeos que fixemos na materia de Música en 4º de ESO.

O primeiro deles está interpretado con percusión corporal. Empregamos a música  que o compositor grego Vangelis compuxo para a película “Carros de Fogo”. Tal e como acontece na película, comezamos a cámara lenta (e é que moitas secuencias rodáronse a cámara lenta, de aí que a música sexa en tempo lento, para acompañar á perfección á imaxe). Hai que aclarar que o “efecto” a cámara lenta foi feito polo propio alumnado.

O segundo vídeo é un exercicio de práctica musical con vaso. A situación actual “obríganos” a buscar alternativas á clásica frauta doce, pero como podedes comprobar, pódese facer música con calquera obxecto. A canción que soa de fondo é un éxito de Michael Jackson: They don´t care about us. O videoclip foi rodado na favela Santa María de Río de Xaneiro (Brasil), e a frase que escoitades en brasileiro denuncia a pouca atención que reciben os habitantes das favelas, e o racismo. Esta frase (“eles non se preocupan por nós”) interprétana tres alumnas en linguaxe de signos. Agradecemos moito a colaboración de Sandra Rey na grabación deste último vídeo.

Gozade dos vídeos, e sobre todo da música!

Alba Alonso Álvarez.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com