Saltar navegación.
Inicio

Artes Plásticas, Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física, Física e Química, Francés, Inglés, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Relixión, Secundaria, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

Concurso de redacción

Concurso de Redacción Coca Cola 2019

23/03/2019

Inés, Nuria, Lara, Sandra, Irene e Brais, alumnos de 2º ESO, representaron ao CPI do Feal na 59ª edición do Concurso de Relato promovido pola empresa Coca Cola e apoiado pola RAE.  A facultade de Filoloxía acolleu aos participantes da zona de Coruña. A proba desenvólvese, simultaneamente, en toda España.

Esta vez o estímulo de escritura era un pequeno reloxo de arena. Os rapaces debían incluír nos seus escritos a frase "la arena se escapaba lentamente".

Grazas aos nosos representantes polo seu entusiasmo e traballo. Moita sorte!

Nota: Achegamos os arquivos orixinais das fotos neste artigo, e tamén queda unha versión reducida no álbum "Lingua Castelá 2019" da nosa Galería.

Rally matemático

Rally matemático

20/03/2019

O pasado 12 de marzo, celebrouse a fase de centros do Rally matemático sen fronteiras 2019. Corenta alumnos do Feal, distribuídos en tres grupos de 1º ESO e dous de 2º ESO, tomaron parte nesta proba, na que tiveron que resolver cinco problemas ligados coas matemáticas. Moitas grazas a todos os participantes polo seu entusiasmo e a todo o persoal do centro que colaborou para que esta actividade fose posible.

Podedes ver algunha foto máis da actividade no álbum "Matemáticas 2019" da nosa Galería.

Triángulo de Sierpinski con latas

Sierpinski 2019

18/03/2019

Os fractais son figuras xeométricas cunha estrutura que se repite a diferentes escalas, e están moi presentes na natureza. No Feal construímos o coñecido como triángulo de Sierpinski, utilizando 243 latas de refresco. Moitas grazas a todos os que colaborastes traendo, lixando ou pegando as latas.

A barrena

Barrena

14/03/2019

A barrena é unha ferramenta pensada para atravesar madeira, facendo xiros coidadosos coa man. No noso taller, usámolas principalmente como guía, comezando un orificio onde irá despois un parafuso.

Ás veces, hai barrenas que desaparecen accidentalmente do taller, e reciben usos alternativos.

Premiados no concurso "Frases da Ciencia"

Frases da Ciencia 2019

11/02/2019

Xa temos gañadores do concurso “Frases da Ciencia”!

  • 1º de ESO: Iara Leal Cendán
  • 3º de ESO: Iván Ferreira Galego
  • 4º de ESO: Noa Filgueira Piñeiro

PARABÉNS!

O Feal piramidal

Pirámide de 3º de ESO AFai clic para ampliar a foto

08/02/2019

Aquí tedes unha pirámide humana improvisada o pasado 6 de febreiro por alumnado de 3º de ESO A, con axuda do seu profe de Educación Física. Grazas a Sara Pazos pola imaxe!

Obradoiro de fósiles en Infantil de 3 anos

07/02/2019

O pasado mércores 6 de febreiro, e na  aula de 3 anos, algúns alumn@s de 4º de ESO desenvolveron un obradoiro no que os máis pequenos aprenderon a facer un fósil.

Ao final da actividade, os nenos pequenos quedaron cos seus fósiles, e os maiores coa ledicia da canción que lles brindaron os de 3 anos. Os demais quedamos con este vídeo de recordo, coas fotos da actividade.

Prácticas con polo no laboratorio

06/02/2019

O alumnado de 6º de Primaria pasou recentemente polo laboratorio de Secundaria para facer unha práctica de disección e observación dos distintos tecidos que forman parte dun órgano. Para isto, estiveron guiados por alumn@s de 3º de ESO, que exerceron de monitores. Queda este vídeo de recordo coas fotos destas sesións.

Sacré Molière

24/01/2019

O alumnado matriculado en Francés de 3º de ESO, asistiu esta mañá (en Afundación Ferrol) á representación da obra "Le petit malade imaginaire", dentro da campaña de teatro escolar da compañía BHM producións.

Os actores Ángel e Nico, e a actriz Hélène, puxeron en escea unha excelente adaptación da obra do gran dramaturgo francés, acadando unha gran conexión e complicidade co auditorio durante toda a representación.

O mellor do espectáculo foi que os rapaces tamén foron partícipes del. De feito, o noso alumno Yerai Rilo transformouse nun improvisado doutor durante algún minutos, e temos que dicir que mantivo moi ben o tipo, si señor, quen sabe se ten unha vea dramática oculta...

Un ano máis, bravo por ese teatro en francés. Nunca faltamos á cita e sempre saímos satisfeitos, así que, como din os franceses, "chapeau".

Mitoloxía

Biblioteca mitolóxica

18/01/2019

Neste mes de xaneiro, a Biblioteca de Secundaria quere destacar a súa sección de Mitoloxía. Ofreceremos diversas actividades relacionadas con este tema. A primeira delas terá lugar nos recreos: o alumnado de 1º ESO elaborou, nas clases de Lingua Castelá,  un xogo de naipes de criaturas mitolóxicas: estades invitados a botar unha partida.

A próxima semana engadiremos outra opción de xogo, esta vez on line: no ordenador da biblioteca terás aberta unha páxina de xogos sobre mitoloxía.

Lembramos tamén que continúa aberto o prazo para participar no concurso da Ciencia proposto a finais de novembro. Quen dixo que Ciencia e Mitoloxía eran incompatibles?

Dragón submarino

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido