Saltar navegación.
Inicio

Infantil

O noso novo camiño sensorial

20/05/2020

Paula Neira e Montse Fernández amosan aos peques o camiño sensorial que instalou o Equipo de Educación Vial de Narón durante o confinamento (no corredor de Infantil).

A Casa da Mosca Chosca

07/05/2020

As mestras de Infantil cóntanvos desde casa un conto popular ruso: A Casa da Mosca Chosca. O conto está adaptado ao galego por Eva Mejuto e ilustrado por Sergio Mora.

Infantil queda na casa

16/04/2020

Os peques de Infantil seguen traballando moito nas súas casas. Están aprendendo a cociñar, xogan a pita cega, bailan en inglés, fan botes da calma, colares de pasta, celebran cumples, plantan árbores... Non paran! Ademais, o vídeo inclúe un titorial de Brais de como facer un barquiño, moi ben explicado!

Mensaxes para Infantil

30/03/2020

O alumnado de Educación Infantil fai na casa algunhas das activiades propostas estes días; como plastilina caseira, plantar lentellas, ioga, ou xogar ás agachadas pisando só as baldosas de papel. Ademais, no vídeo as mestras de infantil mandan mensaxes de ánimo aos máis peques do centro.

Debuxando o noso mundo

Infantil Feal - 4 anosFai clic para ver máis fotos

23/02/2017

Un ano máis, dentro do proxecto "Debuxando o noso mundo", o alumnado de Infantil creou carautas de distintos pintores. Os pícaros de 3 anos e Freixeiro inspiráronse nos soños de Joan Miró, as nenas e nenos de 4 anos viaxaron ao pasado de Felipe IV disfrazados das Meninas de Velázquez, e os rapaces e raparigas de 5 anos navegaron entre cunchas polo maxín de Maruja Mallo.

Samaín infantil no Feal

Samaín 2016Fai clic para ver máis fotos

08/11/2016

Os nenos e nenas de Infantil do Feal e Freixeiro, celebraron o Samaín o venres 28 de outubro nas súas aulas, a través da realización de pequenos obradoiros de baleirado de cabazas e decoración das mesmas. Ademais, engalanaron o corredor de Infantil coas súas manualidades e adornos propios de Halloween. Para celebralo, viñeron ataviados con disfraces terroríficos.

Curtaprotexe e Sinforoso

06/05/2016

Publicamos dous novos traballos feitos polo noso alumnado de Infantil (coordinados por Paula Neira) para o proxecto "Pegadas no camiño", dentro do plan "Protexe aos animais".

Protexe os animais

Mural de mascotas

Fai clic para ampliar a foto

21/02/2016

Dentro das actividades propostas no proxecto “Protexe os animais” e coa colaboración das familias, as nenas e nenos do Feal e Freixeiro ensínannos as súas mascotas. Nótase o agarimo que se teñen entre eles. Podedes ver estas mascotas no mural do corredor de Infantil e na seguinte presentación:

Smilebox

Engadimos un vídeo de Izan (6º de Infantil) cos seus cabritiños:

Ademais, quixemos saber que animais eran os preferidos do noso alumnado e tamén que necesidades consideraban que tiñan:

Mascotas de InfantilFai clic para ver as respostas

Graciñas a tod@s @s que participastes!!

Entroido pictórico en Infantil

Entroido 2016 en FreixeiroFai clic para ver máis fotos

10/02/2016

Os nenos/as de Infantil do Feal e Freixeiro homenaxearon este Entroido a tres grandes da pintura (Frida kahlo, Joan Miró e Vicent Van Gogh), a través da realización de carautas e antefaces.

Nota: aínda estamos traballando coas fotos e os vídeos do pasado venres de Entroido... necesitamos algúns días máis.

Nadal en Infantil

15/12/2015

Unha vez máis, temos que agradecer a colaboración audiovisual da profe de Infantil Paula Neira. Neste caso, recolle o ambiente de Nadal en Educación Infantil do Feal... e de Freixeiro.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido