Saltar navegación.
Inicio

Acceso ás nosas aulas virtuais desde dispositivos móbiles

Moodle para móbiles

19/09/2021

Anímate a instalar a app de Moodle para Android ou iOS, no teu móbil ou na túa tablet. Verás que o acceso ás nosas aulas virtuais desde dispositivos móbiles é máis cómodo coa app que cun navegador.

Durante a instalación, necesitarás o enderezo da Aula Virtual do Feal (https://www.edu.xunta.gal/centros/cpifeal/aulavirtual), ou da Aula Virtual de EDIXGAL (https://eva.edu.xunta.gal), e por suposto as túas credenciais (usuario/a e contrasinal).

No caso de que necesites acceso tanto á vella Aula Virtual do Feal como á Aula Virtual de EDIXGAL, unha vez que xa teñas un dos accesos na app de Moodle do teu dispositivo móbil, terás que premer na icona-hamburguesa (tres liñas horizontais) da barra inferior, e logo en "Cambiar de sitio" (case ao final da lista) e en "+", para engadir a nova aula virtual.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com