Saltar navegación.
Inicio

Radio escolar (Son do Feal)

Radio Feal

Son do Feal

30/05/2023

En 2015, comezárase a utilizar a ferramenta do podcast no Feal, baixo o nome Radio Feal. Despois dun tempo esquecida, retómase a idea baixo o novo nome Son do Feal.

Nesta ocasión, podedes escoitar unha gravación do alumnado de Primaria con motivo do Día do Libro 2023.

O Feal nas Ondas

Rosalía de Castro

05/03/2022

Con motivo da recente conmemoración do Día de Rosalía (23 de febreiro), retomamos os podcasts educativos de Radio Feal, agora tamén en Spotify.

Neste caso, o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria, colaborou para a gravación dun episodio no que se fai unha viaxe pola vida e obra de Rosalía, contando cun variado abano de seccións: gastronomía, humor, recitado, música, entrevista...

Agardamos que gocedes do traballo dos máis pequenos/as! Vémonos nas Ondas!

Homenaxe a Antonio Fraguas de 6º C de Primaria

Homenaxe a Antonio FraguasFai clic para escoitar o podcast

19/05/2019

O alumnado de 6º C de Primaria celebrou as Letras Galegas antes de marchar de excursión a Madrid. Para conmemorar a figura de Antonio Fraguas, fixeron unha pequena investigación e escribiron un texto sobre a súa vida. A partir dese texto, elaboraron un pequeno podcast para participar no Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, organizado polo IES Rosalía de Castro e impulsado polos Equipos de Dinamización Lingüística.

Velaquí tedes o resultado.

Radio Feal 2016

Equipo que investiga os deportes minoritarios

21/02/2016

Continuamos co proxecto de Radio Feal. Neste caso, abrimos unha serie de entrevistas a alumn@s do noso centro que practican deportes minoritarios. Na foto podedes ver o amplo equipo encargado desta tarefa. Este equipo quere comentarvos que aínda que comezou con nervios, espera coller máis confianza nas próximas entrevistas.

Radio Feal 2015

Radio Feal

26/10/2015

Comezamos cunha experiencia proposta a finais do pasado curso por un grupo de nais de alumn@s do noso centro. Pouco a pouco iremos subindo aquí diversos arquivos de audio con entrevistas ou reportaxes feitas polo noso alumnado. Nalgúns casos, tamén se podería publicar o vídeo correspondente no noso canal de YouTube.

Luis Cuba

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido