Sociedade
Pequena homenaxe á primeira liña sanitaria
08/04/2020
Para que a nosa páxina principal non estea chea de información administrativa durante este tempo, achegamos unha pequena banda deseñada por un profe de Educación Física (Julio Zanfaño), que fai unha pequena homenaxe ao persoal sanitario.
Conversa cunha muller morta
24/11/2019
Engadimos máis material relacionado co Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Neste caso, trátase dunha curta escrita e dirixida xa hai varios anos por Sonia Méndez (irmá de Silvia, a nosa profe de Bioloxía e Xeoloxía).
Recollida de alimentos para a Asociación Cometa
29/05/2019
Hoxe pola tarde realizouse unha recollida de alimentos e outros produtos no noso centro, co fin de doalos á Asociación Cometa (protectora de animais). Foi a actividade final, con impacto social, dun proxecto no que participou alumnado dalgunhas aulas de Educación Infantil e Primaria. A Asociación Cometa, así como CASAGA e AFAL, colaboraron de forma altruísta no proxecto, ao igual que as familias dos máis pequenos, que participaron na publicidade do evento.
Grazas aos alumnos e aos colaboradores... a recollida foi un éxito!
Unha usuaria de honra na Biblioteca municipal de Narón
18/01/2017
A nosa alumna Lovette Diatta Diatta (1º de ESO) é unha das dez usuarias/os de honra 2017 da Biblioteca municipal de Narón. O pasado 14 de xaneiro, houbo unha pequena homenaxe aos usuarios/as máis activos nesa biblioteca durante o pasado ano, que foi presidida pola concelleira de Ensino Mercedes Taibo. Parabéns, Lovette!
Pódese ampliar a información no correspondente artigo do 15 de xaneiro no Diario de Ferrol.
Semana de Mobilidade e Seguridade Vial en Narón
19/05/2016
Con motivo da Semana de Mobilidade e Seguridade Vial (entre o 23 e o 27 de maio) organizada polo Concello de Narón, catro alumnas de 5º A de Primaria (Jimena De Miguel Leonardo, Alba Díaz Vigo, Carla Fernández Rodríguez e Nerea Freire Castro) fixeron o pequeno vídeo que publicamos agora (coordinado por Juan Carlos Bedia).
Vacacións en Paz
02/05/2016
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui quere agradecer a colaboración das familias do CPI do Feal no Programa de acollida de nenos e nenas refuxiados saharauis de 2016, tras unha recadación de 323€ no noso centro.
Centros de acollida de animais na comarca de Ferrolterra
21/02/2016
Estes son os centros e refuxios de acollida de animais da zona de Ferrolterra. Deixámolos a disposición de todos vós por se alguén se anima a adoptar un compañeiro ou compañeira, ou por se atopades algún animal abandonado.
Lembrade que un animal non é un xoguete. Cando o adoptamos ou o mercamos, pasa a formar parte da nosa familia e temos que responsabilizarnos do seu coidado e benestar.
Sorte, Gustavo!
16/01/2013
Gustavo Faraldo (o fantástico profesional do vídeo que nos axudou a facer realidade o noso lipdub) está nominado para os próximos premios Goya de fotografía e vídeo (diferentes e anteriores aos de cine), no apartado de vídeo social (polo seu traballo "A solas con Betty"). Coñeceremos o gañador o próximo sábado 26 de xaneiro.
Desexámoslle sorte a Gustavo, porque deixou moi bo recordo polo Feal; e oxalá haxa novas colaboracións con el no futuro.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
